//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O novo volume La letteratura galega. Autori e testi verte ao italiano medio cento de textos arredor doutras tantas figuras das Letras Galegas, da man dos tres Centros de Estudos Galegos (CEG) italianos -Padua, Roma e Perugia- da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos e no marco da colección Finisterrae. O proxecto ten como obxectivo ofrecer unha obra de referencia e utililidade para quen se acheguen ás letras galegas, así como abranguer o ámbito universitario e literario da Italia máis galega, da Galicia máis internacional. O libro, coeditado polos profesores Gemma Álvarez Maneiro e Giovanni Borriero (CEG de Padua), está prologado polo profesor, investigador e académico da RAG Xesús Alonso Montero.
A Biblioteca de Galicia celebrará o Día da Ilustración o próximo mércores 30 de xaneiro poñendo en valor a obra do artista vigués Federico Ribas Montenegro, protagonista desta data que promove a Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a través do Calendario do libro e da lectura 2019. Ademais de adicarlle o Día da Ilustración a Federico Ribas Montenegro, a Biblioteca de Galicia tamén acollerá unha mostra de pequeno formato na que se exporán algunhas das obras máis singulares do ilustrador, debuxante e publicista.
O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que significa o dobre que camiña ao lado, poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o día 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo. A peza destaca pola súa coidada estética e pola concentración da acción nun só escenario.
Os espectáculos galegos Elisa e Marcela, de A Panadaría, e A leituga, de Eme 2 Producións, represéntanse esta semana na XV Feria de Artes Escénicas de Madrid MADferia grazas ao intercambio entre este encontro madrileño e o mercado Galicia Escena PRO. Os representantes de MADferia asistiron tamén ao mercado galego, onde tiveron a oportunidade de ver os espectáculos galegos programados, co obxectivo de seleccionar dous deles para a súa carteleira.
O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), que foi presentada hoxe na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así, arredor deste dous eixos xira a nova produción propia da compañía da Xunta, Neorretranca e posmorriña, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Sinfonía en sol maior ou non, de Esther Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
A Cidade da Cultura de Galicia súmase aos actos polo Día de Castelao que se celebra o 30 de xaneiro, data do seu nacemento botando a andar ese mesmo día o ciclo Diálogos ao redor de Castelao, un espazo de conversa, análise e reflexión sobre a época, a figura e a obra do intelectual galeguista, que contará coa participación de destacados especialistas en historia, arte, ilustración, política e movementos migratorios. Estas xornadas, de balde con inscrición previa, inxírense dentro do programa de actividades para arroupar e dinamizar a exposición Castelao maxistral, do Museo Centro Gaiás, na que se exhibe por vez primeira en Galicia o icónico lenzo A derradeira leición do mestre, que xa foi visitada por máis de 25.000 persoas.
A Fundación Galega Camilo José Cela conmemorará con diversos actos neste 2019 o 30 aniversario da concesión do premio Nobel ao escritor padronés. Como comezo desta programación mañá, o cemiterio de Santa María de Adina acollerá unha ofrenda floral, ás 11,30 horas, na que participarán a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, o alcalde do Concello de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o alumnado do IES Blanco Amor de Ourense que procederá á lectura dun texto do autor galego. Neste acto participará tamén Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, coa que a Fundación Pública chegou a un acordo de colaboración neste 2019.
A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go On, o venres 18 ás 20,30 h., e D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora. A programación de xaneiro do Salón Teatro continuará a semana que vén coa estrea de Doppelgänger, espectáculo de Berrobambán en coprodución co Centro Dramático Galego, que tamén colabora con esta compañía compostelá a través do seu programa de residencias. Dentro desta mesma iniciativa, Artesa Cía. chegará á sede do CDG o luns 28 para continuar traballando sobre Chola a It Girl, montaxe que representará no Salón Teatro do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.
A porcelana, o papel, o vidro, as lámpadas, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olería, coa cestería tradicional, co téxtil, coas figuras tradicionais feitas con miga de pan a prata ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía, formando todo isto parte da escolma que representa o produto artesán galego este ano en Formex. Formex está considerada unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha oportunidade única para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño interior e da industria de agasallos.
Galicia terá un papel protagonista na 26ª edición do festival Celtic Connections de Glasgow (Escocia) como territorio convidado este ano polo seu programa Showcase Scotland. Este prestixioso evento musical, que terá lugar do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro, está consolidado como un dos máis relevantes da temporada de inverno a nivel mundial e o máis destacado no ámbito dos sons celtas. Unha delegación institucional, profesional e artística apoiará a proxección exterior da nosa música e promoverá Galicia como destino turístico-cultural. Dela forman parte oito formacións artísticas, así como unha ducia de empresas e operadores turísticos.
O Festival Groba regresa cun programa que se desenvolverá do 18 ao 24 de agosto en Ponteareas. A sexta edición desta iniciativa promovida pola Orquestra de Cámara Galega incorpora como principal novidade o protagonismo do son do vento-metal e do son da voz coral. O vento-metal terá como máximo representante o grande instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass.
O programa de artes escénicas Vive o Camiño arranca o vindeiro martes 31 de xullo no concello pontevedrés do Rosal coa primeira das máis de 40 actividades de balde e dirixidas a todos os públicos que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa ata setembro. Impulsada por Turismo de Galicia, a iniciativa forma parte dos compromisos do goberno galego, enmarcados no Plan director do Camiño que este ano dedica a ambos itinerarios.
O audiovisual galego conta desde este mes cun novo espazo informativo onde amosar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. 'Díxome, Díxome', unha publicación do Clúster Audiovisual Galego, que nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia. O Clúster ten agora un lugar propio con contidos moi diversos pensados para poñer en valor ao sector e onde haberá espazo para os profesionais, para os que están diante e tamén detrás dos focos.
A inauguración oficial desta nova Sala terá lugar na sala 8 deste Museo, dependente da Deputación Provincial de Lugo, nun acto público que se celebrará o próximo mércores, 1 de agosto, ás 12:30 h., segundo informa o Departamento de Difusión da Rede Museística do ente provincial lucense.
A feira de artesanía MOSTRART, que ten lugar nestas datas na Coruña dende 1985, vai a celebrar a súa edición número 34 a partir do sábado 28 de xullo (inauguración prevista as 12 h.). Mostrart estará instalada no paseo dos Xardíns de Méndez Núñez que está enfrente do Cantón Pequeno, un espazo privilexiado que permite unha visita agradable baixo a sombra. Este ano Mostrart amplía o número de participantes: 55 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia.
Promovido polo Padroado do Pedrón de Ouro e o Concello de Mazaricos (A Coruña), organízase co fin de fomentar a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Poden participar autores e autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras en lingua galega, inéditas e que non se presentasen antes a ningún outro certame.
No acto que terá lugar o venres, 27 de xullo, ás 20,30, no Casino de Ferrol, intervirán Julia María Dopico Vale e o escritor Vicente Araguas.
Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.