Renovación museográfica da sala de ouriverÃa antiga do Museo Provincial de Lugo
A inauguración oficial desta nova Sala terá lugar na sala 8 deste Museo, dependente da Deputación Provincial de Lugo, nun acto público que se celebrará o próximo mércores, 1 de agosto, ás 12:30 h., segundo informa o Departamento de Difusión da Rede MuseÃstica do ente provincial lucense.

A Sala de OuriverÃa antiga do Museo Provincial de Lugo, é unha das máis atractivas e singulares deste Museo Provincial, con importantÃsimos achádegos da época romana e pre-romana, entre os que destaca o chamado “Torques de Burela”, por ter sido atopado nesa localidade do norte da provincia de Lugo. Ao remate do acto inaugural, efectuarase unha visita guiada á nova Sala.
Servizo de Difusión da Rede MuseÃstica de Lugo, 2018-07-27
Actualidad

Tivo lugar a V edición do Foro de Directores de Informática, que reuniu aos responsables de dixitalización das 17 Comunidades Autónomas, onde se debateu o papel das administracións públicas para garantir que a intelixencia artificial beneficie a toda a poboación, con independencia das condicións sociais ou económicas. Os responsables autonómicos compartiron experiencias e analizaron os retos para a aplicación de tecnoloxÃas como a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. Houbo, asà mesmo, unha sesión de traballo para analizar o futuro dos fondos europeos para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.

Desde o Xacobeo 21-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nas actividades impulsadas baixo esta marca, que se consolidou como un motor económico e social. Este ano, os Concertos do Xacobeo acollerán case 100 eventos en máis de 50 localidades de toda Galicia, reunindo a 700 artistas de primeira liña, tanto internacionais como nacionais e galegos. A programación combinará grandes nomes da escena musical global, como Kings of Leon, Lenny Kravitz ou Alanis Morisette, con recoñecidos artistas galegos como Tanxugueiras, Guadi Galego ou Xoel López. A diversidade da programación, tanto en estilos como en formatos, permitirá atraer a públicos variados e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural dinámico, onde tradición e modernidade conviven nos escenarios.
Notas
Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro cientÃfico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas cientÃficas.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances cientÃficos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.