
Como se puxo de manifesto na presentación aos medios de comunicación celebrada este mércores na Reitoría da USC, o centenar de imaxes contidas no libro son unha selección dos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia e achega a súa ollada particular para esta obra, que nos advirte que por riba das nosas cabezas hai unha beleza na que cómpre reparar. Asinan as imaxes do libro Óscar Blanco, Ana García, Daniel Llamas, Daniel Lois, Alfredo Madrigal, Pablo M. Alemparte, Fernando Rey, Ángel R. Arós e Alba Rodríguez.
En opinión de Jorge Mira esta é a primeira obra na que se simboliza o labor dunha xeración única de fotógrafos e fotógrafas do ceo, polo que considera a publicación do libro como o símbolo do nacemento desta xeración como colectivo. Un grupo de persoas aos que cualificou como un prodixio tecnolóxico dotados dunha gran competencia técnica. Inicialmente presentada en versión galegas, o libro terá no futuro versións en castelán, inglés e portugués.
En formato dixital, o libro presentouse no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés; e Óscar Blanco en representación dos fotógrafos que presentan os seus traballo na obra. Blanco, en representación do cadro de co autores, reivindicou Na procura da noite como unha chamada de atención sobre o valor do ceo como paisaxe pola súa extraordinaria beleza e como un recordatorio de que formamos parte dun sistema composto por millóns de estrelas, nebulosas e astros.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.