
Con esta colaboración preténdese estreitar lazos entre ambas institucións culturais, non só referentes na comarca, senón tamén como xestoras de Casas-Museo recoñecidas a nivel nacional e internacional.
Exposición
Para rematar este cabo de ano especial, o Museo Camilo José Cela acolle o venres 18, ás 19,00 horas, a inauguración da exposición Proxecto Libertas, organizada polo Centro PEN Galicia e o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) e coa colaboración da propia Fundación Pública, do Concello de Padrón, do IES Macías o Namorado tamén de Padrón e da propia Consellería de Cultura e Turismo.
Esta mostra que permanecerá aberta ata o vindeiro 2 de marzo pretende, a través da expresión artística, da obra e da palabra, reivindicar, en palabras de Olegario Sampedro presidente do IMER que os valores democráticos son un imperativo ético que se constrúe, e de que a paz se conquista e polo que nos tempos de hoxe débese traballar no recoñecemento da liberdade de opinión e expresión recollido no Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
No acto de inauguración participará o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, quen acompañará aos asistentes no acto poético musical que contará coa intervención do propio Olegario Sampedro, da poeta Paula Antía Rey Baliña, do guitarrista Antonio Barro e coa actuación do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.
Esta exposición irá acompañada de visitas guiadas polo presidente do IMER (os días 1 e 15 de febreiro e 1 de marzo, ás 17,00 horas) e por unha ampla proposta didáctica organizada polo Centro PEN Galicia e o IMER e que abordarán temáticas coma a represión nas artes, o machismo e o fomento da diversidade, dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato e que terán lugar todos os venres de febreiro e o 1 de marzo polas mañás (máximo 30 alumnos, imprescindible reserva previa).
Para a reserva das visitas guiadas e obradoiros poderase contactar no teléfono da Fundación Pública 981 81 24 25 ou no enderezo electrónico visitas@fundacioncela.com.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.