
O CD Tango, formado por Julia Dopico (bandurria) e Daniel Adzeman (guitarra), constitúe un percorrido polo máis granado deste xénero musical, incluÃndo temas universalmente coñecidos como “La cumparsita”, “El dÃa que me quieras”, “El choclo”. “Cuesta abajo”, “Volver”, “Uno”, “Caminito” ou “Mi Buenos Aires querido”.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino hÃbrido E-Dixgal. A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saÃr outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP PenÃnsula da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.