
En total, serán case setenta as sesións cinematográficas que se produzan até fins de agosto, con especial atención ao público infantil.
O Pino, Valdoviño, Rianxo, Fisterra, Frades, Cabanas, Arteixo, Dumbría, Melide, Monfero, Carballo, Oleiros, Valdoviño, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Bergondo, A Laracha, Cabanas, Narón, Melide, Muros, Cariño, Neda, Cerceda, Lousame ou Muros son os concellos en que se proxectarán películas da Rede Cultural nos próximos días. Os concellos podían facer a súa escolla dun abano de 118 películas que compoñen a oferta do programa destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais.
Entre as películas galegas, proxectarase filmes como En todas as mans, de Diana Toucedo, Crebinsky de Enrique Otero con actores como Miguel de Lira, Luís Tosar e Celso Bugallo, Os Fenómenos de Alfonso Zarauza con Lola Dueñas e Luís Tosar ou A Praia dos afogados, de Gerardo Herrero, baseado na novela de Domingo Villar. A programación incluirá tamén coproducións galegas para público infantil como Pérez, o ratiño dos teus soños de Juan Pablo Buscarini ; Maimiño e o espello máxico, de Ernesto Padrón, A Tropa de Trapo de Alex Colls, O Espíritu do Bosque de David Rubín e Juan Carlos Peña
Ao programa Visións súmase este ano unha nova liña da área de Cultura da Deputación da Coruña destinada á distribución de filmes en galego que quere contribuír a poñer fin á dificultade de que os filmes na nosa lingua cheguen ao público.
Apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega é o obxectivo da nova liña de axudas á que a Deputación da Coruña destina un orzamento de 150.000 euros.
"Queremos abrir novas vías para facilitar o acceso a contidos audiovisuais na nosa co fin de rematar coa anomalía que é a dificultade de asistir á proxección de contidos audiovisuais galegos", explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.
A convocatoria da Deputación da Coruña considera dúas modalidades, unha de apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc.) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) e outra para a distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non galegos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.