
“Coa premisa de que a innovación é unha misión compartida entre empresa e universidade, desde a UDC queremos transformar o coñecemento en valor, nun valor útil para o noso tecido produtivo e, por ende, para a sociedade.” Asà o destacou hoxe o reitor da UDC, Ricardo Cao, durante a presentación deste programa, que estará coordinado pola Oficina de Transferencia do Coñecemento (OTC) da UDC.
O acto de presentación, realizado no Paraninfo con representantes de máis de 100 empresas, foi conducido pola divulgadora Tamara Pazos e inaugurado polo reitor da Universidade da Coruña. A clausura correu a cargo do presidente do presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril; e o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas.
Actualmente, explicou Cao, contamos cun equipo de máis de 1.400 persoas investigadoras, parte delas adscritas a algún dos catro centros de investigación: o Centro de Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e EnxeñerÃa Civil (CITEEC) e o Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais (CITENI); ou vinculados ao Campus Industrial de Ferrol. Todos eles, centros nos que se está a traballar con altos niveis de excelencia.
A investigación de calidade e a transferencia dese coñecemento ao servizo da sociedade é un dos obxectivos primordiais do equipo de Goberno da UDC.
É neste marco “no que quixemos dar un paso máis e achegarnos, de xeito máis directo e sinxelo, ao noso tecido empresarial e produtivo. A colaboración entre ambas partes é necesaria e enriquecedora”, afirmou o reitor.
Desde o ámbito académico, achéganse solucións baseadas en evidencias, en tecnoloxÃa e en innovación. Desde a empresa, existe a oportunidade de aproveitar este talento para innovar, mellorar procesos e xerar valor económico e social.
Pola súa banda, Susana Ladra, adxunta de Transferencia, foi a encargada de detallar os diferentes recursos que a UDC pode poñer ao servizo do tecido produtivo. Destacou os 139 grupos de investigación dos que dispón a Universidade na actualidade, xunto cos 4 centros de investigación: o CITIC e o CICA acreditados pola Xunta de Galicia como centros de excelencia, o CITEEC como centro de investigación cooperativa e o CITENI. “A estas unidades engádese a participación nos tres centros de investigación universitarios (ECOBAS, CISPAC e CITMAGA), asà como o Servizo de Apoio á investigación, dotado con equipos tecnolóxicos punteiros que prestan servizos tecnolóxicos avanzados”, engadiu.
Ladra explicou que outro dos obxectivos de UDC Conecta é facilitar todo o potencial dos equipos de investigación da Universidade a través dunha plataforma única, de xeito que a empresa poida contactar dunha forma áxil e sinxela cos diferentes grupos que a poidan axudar.
A adxunta de Transferencia subliñou que esta iniciativa responde á terceira misión da universidade. “A docencia forma, a investigación transforma e a transferencia conecta”, afirmou. É a ponte que converte o coñecemento en motor de desenvolvemento para a sociedade.
Con UDC Conecta, a área de Transferencia da Universidade quere impulsar unha alianza empresa universidade que durante o ano pasado desenvolveu un total de 280 proxectos en colaboración con empresas ou institucións, o que supuxo a captación de 5,7 millóns de euros.
AsÃ, tal e como explicou Ladra, a través desta unión, empresa e universidade contan con diferentes instrumentos (cátedras, unidades mixtas de investigación, contratación de servizos cientÃficos, tecnolóxicos e artÃsticos a través do chamado artigo 60 da LOSU; doutoramento industrial, licenzas de explotación, formación a medida e proxectos colaborativos) para canalizar esta colaboración e compartir sinerxÃas que permitan dar resposta aos principais retos e desafÃos que presenta.
Incremento da captación en investigación e talento
Durante o ano 2024 lográronse avances moi significativos no ámbito da investigación e a transferencia. A rede de centros CIGUS, da que só formaba parte o CITIC no que respecta á UDC, incorporou ao CICA ao CITEEC, este último como centro colaborativo. Desde a rede de centros e unidades de investigación (REDCIDi) da UDC, estase a traballar para homexeneizar as boas prácticas en xestión e captación de talento, que levaron ao éxito do CITIC e do CICA, na totalidade dos centros de investigación. O obxectivo é que na próxima convocatoria todos os centros da UDC poidan adquirir a acreditación.
Polo que respecta á captación de fondos e proxectos de investigación, o pasado ano acadáronse 34 M€, un exercicio no que diferentes equipos da UDC traballaron en 75 proxectos competitivos, 18 deles de alcance europeo.
Mesa redonda
A xornada UDC Conecta tamén contou cunha mesa redonda na que participaron Alba Tuñas Cantorna, co-directora da Cátedra Resonac-UDC Sparking Truth; Francisco Javier Prego MartÃnez, responsable do departamento de I+D+i de Extracto; Rafael Morgade, director de Transformación Dixital e Industrial en Navantia RÃa de Ferrol, Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia (CEMI) -CITENI; e MarÃa José Mariño Fontenla, directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
Francisco Javier Prego comentou que “cando se decidiu crear un departamento de I+i na empresa non tiñamos idea de como facer e ocorréuseme preguntar na Universidade da Coruña ao que hoxe é o vicerreitor de Investigación. El faloume do CEDETI“, “vimos que a UDC era a vÃa perfecta para entrar na innovación”, “a partir do 2008 empezamos a colaborar de forma regular coa Universidade da Coruña.“ Sen a UDC unha empresa como a miña non terÃa entrado nun mundo totalmente alleo e descoñecido” “creo que a UDC é un factor clave para o desenvolvemento das empresas de Galicia”.
Rafael Morgade, pola súa banda, destacou que “hai 10 anos uns pioneiros por parte da Universidade e Navantia decidiron facer unha nova ponte das PÃas e conseguimos buscar unha fórmula para -de forma organizada- volver conectar Ferrolterra”.
MarÃa Jose Mariño indicou que: “o noso tecido empresarial se compón de Pemes e micropemes, o único recurso que teñen para iniciarse na I+D+i é a cooperación e a Universidade é un dos principais axentes nese ecosistema” “se hai algo no que Galicia destaca é na colaboración público-privada”. A directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación destacou que “unha forma destacada de levar a innovación á empresa son os doutoramentos industriais”. “Cando facemos promoción das capacidades de innovación de Galicia somos a envexa sa de outras comunidades”
Finalmente, Alba Tuñas, incidiu en que “non podemos ter expertos en todo na empresa”. É unha dedicación de recursos que non serÃa sostible”, matizou. “Ter unha universidade con posibilidade de colaboración marca a diferenza á hora de convencer a unha empresa internacional para poñer unha sede na Coruña”.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.