Notas de prensa

The Thinking Institute volverá converter a UVigo no epicentro internacional da nanociencia

Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro científico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas científicas.

Baixo a dirección do catedrático e investigador Luis Liz Marzán, a cita contará por cuarto ano co apoio do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), reunindo a especialistas de primeiro nivel nos eidos da nanociencia, a nanomedicina ou a nanoquímica. Procedentes de Michigan, Amsterdam, Bath ou Amberes, entre outros lugares do mundo, acudirán ao encontro, que terá lugar os días 3 e 4 de xuño no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais do campus de Vigo.

Máis relatorios e maior presenza nacional, entre as novidades desta IV edición

A cuarta edición de The Thinking Institute estará marcada por unha maior presenza de expertas e expertos nacionais que, sumándose a especialistas internacionais nos eidos da nanociencia, a biomedicina e a nanoquímica, conformarán o panel máis extenso da súa historia cun total de once relatorios: Nicholas Kotov (University of Michigan); Maurizio Prato (CIC biomaGUNE); Wiebke Albrecht (NWO-Institute AMOLF); Robin Girod (University of Antwerp); Joerg Lahann (University of Michigan); Ventsislav Valev (University of Bath); Gustavo Bodelón (CINBIO, Universidade de Vigo); Joaquín Castilla (CIC bioGUNE); Nùria López (ICIQ); José M. Taboada (Universidad de Extremadura) e Miguel Correa (investigador e director do CINBIO).

“O tema central desta edición será a quiralidade, unha propiedade xeométrica fascinante que está presente en incontables aspectos das nosas vidas como as galaxias, as nosas mans ou o ADN”, comenta Luis Liz, quen engade que as persoas relatoras foron escollidas precisamente para representar temas variados arredor desta propiedade.

Para asistir ao congreso é necesaria a inscrición previa a través da páxina web do CINBIO, onde tamén está dispoñible o programa completo.

O congreso coincidirá co lanzamento do proxecto Chiral-Pro

Nesta ocasión, The Thinking Institute faise coincidir coa reunión inicial do proxecto ERC Synergy Grant Chiral-Pro, coordinado polo investigador Luis Liz Marzán e no que participan tamén a profesora Sara Bals, da Universidade de Amberes, e o profesor Nicholas Kotov, da Universidade de Michigan, que estarán acompañados por persoal investigador dos seus correspondentes equipos, reforzando o carácter internacional do evento.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES