Notas de prensa

Nace 'Díxome, Díxome', a revista do Clúster Audiovisual Galego

O audiovisual galego conta desde este mes cun novo espazo informativo onde amosar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. 'Díxome, Díxome', unha publicación do Clúster Audiovisual Galego, que nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia. O Clúster ten agora un lugar propio con contidos moi diversos pensados para poñer en valor ao sector e onde haberá espazo para os profesionais, para os que están diante e tamén detrás dos focos.

A publicación ten periodicidade trimestral e conta con seccións moi diversas conformando un espazo editorial máis amplo para darlle visibilidade aos proxectos e creacións dos profesionais que desenvolven o seu traballo en Galicia. Na revista teñen cabida a información, a formación, a innovación… converténdose nun espazo informativo e de entretemento, pero tamén en taboleiro, axenda, plataforma e mesa de debate.

“Díxome, Díxome” aspira a converterse nun reflexo de todo o que está a acontecer no sector, recollido nunha publicación que coida o deseño e a maquetación, e onde a fotografía goza dun gran protagonismo.

O Clúster Audiovisual Galego é unha alianza empresarial, integrada por máis de 30 compañías que interveñen en toda a cadea de produción. O Clúster promove sinerxías, xera negocios, é clave para a innovación e fixa obxectivos comúns para impulsar o desenvolvemento dos seus asociados. E agora dá un paso máis con este novo proxecto editorial.

O primeiro número de “Díxome, Díxome” está dispoñible href="http://clusteraudiovisualgalego.com/Dixome-01_/mobile.html" target="_blank">neste enlace .

Cluster Audiovisual Galego, 2018-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES