Archivo (6 del 2025)

Buscador

Noticias

De acceso gratuíto, a meirande parte destas propostas están programadas en espazos ao aire libre e dirixidas ao público familiar. De acordo coas cifras de asistencia rexistradas en anos anteriores, pódese estimar que esta 13ª edición de Cultura no Camiño sume máis de 38.000 espectadores nos 88 concellos participantes. A programación arrancará o vindeiro domingo día 15 en Barreiros (Lugo), onde Cris de Caldas ofrecerá o monólogo Doña Emilia e Señora Carmen a partir de diferentes relatos de Emilia Pardo Bazán; Paderne (A Coruña) co espectáculo de narración oral O medo é libre, de Ángeles Goás, e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) coas montaxes A historia de Brancaflor, a cargo de Fran Rei, e O último que apague a luz, de A Vela Circo.
Os concellos de Larouco, A Rúa e O Barco de Valdeorras, en Ourense, acollerán os meses de xuño, xullo e agosto a primeira edición do Festival ‘Entre Covas: Festival de Artes e Enoturismo de Valdeorras’, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras. O Festival 'Entre Covas' dará comezo o 20 de xuño na Cova da Xabreira cun espectáculo de maxia; o 18 de xullo será nas covas da Adega Melilla, Joaquín Rebolledo e Alán de Val con distintos expoñentes de música tradicional e, finalmente, o 22 de agosto será a cova das adegas Blare, que acollerá un espectáculo de danza contemporánea. O aforo será limitado debido ao espazo reducido das covas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Goberno galego inclúe no novo decreto de FP a figura do profesor asociado e avanza no recoñecemento mutuo de créditos entre estas ensinanzas e a universidade. O Consello da Xunta analizou un informe sobre o inicio da fase de tramitación do anteproxecto de decreto polo que establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Un texto no que a Xunta traballa desde hai ano e medio e que ten como obxectivo regular en Galicia os ciclos de FP básica, de grao medio e superior, así como os másteres destas ensinanzas, adaptándoas á nova normativa estatal.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.
A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.
Arrinca unha nova edición dos Trens Turísticos despois dunha primeira quenda de experiencias en marzo co tren da Ruta da Camelia. Desta vez, os percorridos que retoman a iniciativa son os da Ruta da Ribeira Sacra-Sil e dos Faros. O tren da Ruta da Ribeira Sacra polo Sil comeza o percorrido cunha visita teatralizada na estación de Os Peares. Tras dun breve traxecto realízase unha visita guiada á adega Regina Viarum, para seguir ata Monforte de Lemos. Despois do xantar, unha Ruta en catamarán polo río Sil, á que se sumará unha parada no mosteiro de San Pedro de Rocas para volver a Ourense. A Ruta dos Faros desenvólvese pola costa norte de Galicia, desde Ferrol para visitar Cabo Ortegal, a Serra da Capelada e Santo André de Teixido, Ortigueira, Viveiro, Estaca de Bares e os acantilados de Loiba.
O festival Meirasland incorpora este ano a música electrónica á oferta dos Concertos do Xacobeo. A segunda edición desta cita que terá lugar o próximo 9 de agosto no campo da festa do Porto, en Meirás. Entre os primeiros nomes confirmados do evento destacan Alvama Ice, un dos referentes urbanos do momento e o DJ compostelán Kike Varela. Ademais da vertente musical, a oferta do festival incluirá foodtrucks, zonas de descanso e actividades paralelas para todos os públicos.
A xornada, á que asisten representantes de alto nivel das diferentes rexións membro da Vanguard, celébrase en Cracovia coincidindo coa presidencia polaca do Consello da Unión Europea. No encontro debateuse arredor das prioridades para 2025 e de futuras actuacións da alianza co obxectivo de impulsar a innovación e a competitividade europea. Ademais, con esta reunión preténdese amplificar a voz dos actores rexionais en asuntos clave da política europea e garantir así que as prioridades rexionais estean ben representadas a nivel europeo.
Galicia é a comunidade con mellores indicadores de pobreza. Así o reflicte o último informe publicado onte pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) que analiza os datos correspondentes ao ano 2024. A EAPN recalca que a taxa AROPE, que mide o risco de pobreza e exclusión social, se situou en Galicia no 18’8%, unha cifra que se sitúa sete puntos por debaixo da rexistrada en promedio no conxunto do Estado que é dun 25,8%. Este indicador tamén revela que a comunidade galega presenta os mellores datos no que se refire á situación da infancia, que representa só o 17,5%, 17 puntos por debaixo da media estatal, que é do 34,6%.
Na edición deste ano, Galicia volve situarse entre as Comunidades Autónomas con máis bandeiras azuis do Estado, cun total de 137 distintivos: 108 en praias, 12 en portos deportivos e 17 en centros azuis. A estes súmanse 54 sendeiros azuis recoñecidos no primeiro trimestre do ano, o que supón un total de 191 galardóns, dous máis que en 2024. Con estas cifras, Galicia mantense como a terceira Comunidade con máis bandeiras e lidera a nivel estatal o número de rutas azuis, que suman preto de 400 quilómetros. Incorpóranse nesta edición a praia de Mende, en Vigo, o Liceo Marítimo de Bouzas, o Museo do Mar de Sorrizo (Arteixo) ou o Visor Nautilus, nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (377)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES