
A Xunta destaca que Galicia é a comunidade con mellores indicadores de pobreza. Así o reflicte o último informe publicado onte pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) que analiza os datos correspondentes ao ano 2024.
A EAPN recalca que a taxa AROPE, que mide o risco de pobreza e exclusión social, se situou en Galicia no 188%, unha cifra que se sitúa sete puntos por debaixo da rexistrada en promedio no conxunto do Estado que é dun 25,8%. Este indicador tamén revela que a comunidade galega presenta os mellores datos no que se refire á situación da infancia, que representa só o 17,5%, 17 puntos por debaixo da media estatal, que é do 34,6%.
A Xunta sinala que o risco de pobreza e exclusión social en Galicia se sitúa en mínimos históricos, tanto na poboación adulta como na infancia e adolescencia, o que reflicte tamén unha mellor situación das familias. Neste sentido, o Executivo autonómico conta con diferentes iniciativas para impulsar a inclusión social das persoas máis vulnerables, traballando man a man coas entidades sociais, unhas accións que se complementan cun orzamento de máis de 131,5 M este 2025 para seguir mellorando a vida das persoas que máis o precisan.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.