
Este sábado arrinca unha nova edición dos Trens Turísticos, promovidos por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), despois dunha primeira quenda de experiencias en marzo co tren da Ruta da Camelia. Desta vez, os percorridos que retoman a iniciativa son os da Ruta da Ribeira Sacra-Sil e dos Faros.
En concreto, o tren da Ruta da Ribeira Sacra polo Sil, que contará coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, comeza o percorrido cunha visita teatralizada na estación de Os Peares. Tras dun breve traxecto realizarase unha visita guiada á adega Regina Viarum, para seguir ata Monforte de Lemos. Despois do xantar, realizarase unha Ruta en catamarán polo río Sil, á que se sumará unha parada no mosteiro de San Pedro de Rocas para volver a Ourense.
A Ruta dos Faros desenvólvese pola costa norte de Galicia, saíndo de Ferrol para visitar Cabo Ortegal, a Serra da Capelada e Santo André de Teixido, Ortigueira, Viveiro, Estaca de Bares e os acantilados de Loiba.
As dúas rutas contarán con cinco saídas máis entre xullo e setembro. Pero aínda no mes de xuño, poderase gozar doutros percorridos, como a Ruta dos Mosteiros ou a Experiencia Mega, que saen o día 14; a Ruta da Ribeira Sacra-Miño, con saída o 18; a das Mariñas, que se inicia o 21; a do Ribeiro, o 26; e a das Rías Baixas, que conclúe o mes iniciándose o 28. En xullo darán comezo as Rutas dos Pazos -o día 19- e a dos Queixos -o 26-. O 16 de agosto desenvolverase a Ruta de Monterrei, e o 30 do mesmo mes, a de Valdeorras.
Xa en setembro, volverán a saír as rutas dos e a da Ribeira Sacra-Sil o día 6, a dos Pazos e Xardíns o 13, a da Ribeira Sacra-Miño o 20, e a de Valdeorras o 27. Outubro será o último mes dos trens turísticos coa saída o día 4 da uta dos Queixos.
13 rutas e 33 viaxes
Isto sitúa o total de rutas previstas en 13, dúas máis que o pasado ano. A meirande parte dos percorridos teñen varias saídas, o que fai un total de 33 viaxes e 2.530 prazas a disposición das persoas que desexen aproveitar esta experiencia, un 35% máis que en 2024. Na anterior campaña acadouse un 97,5% de ocupación.
A iniciativa de trens turísticos de Galicia é un proxecto conxunto entre Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde, dependente da Deputación Provincial de Ourense. As distintas rutas ofrecen experiencias únicas e diferentes, que combinan patrimonio arquitectónico, natural, cultural e gastronómico de Galicia a través dun medio singular, como é o tren.
Aínda quedan prazas nas distintas rutas e toda a información detallada e as datas de cada roteiro está dispoñible en renfe.com. A compañía recomenda prestar atención á apertura progresiva da venda de billetes a través da web, nos despachos de billetes das estacións e en axencias de viaxe concertadas con Renfe para poder adquirilos con antelación.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.