Noticias

A primeira edición do festival 'Entre Covas' levará arte, cultura vitivinícola e gastronomía a Valdeorras

Os concellos de Larouco, A Rúa e O Barco de Valdeorras, en Ourense, acollerán os meses de xuño, xullo e agosto a primeira edición do Festival ‘Entre Covas: Festival de Artes e Enoturismo de Valdeorras’, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras. O Festival 'Entre Covas' dará comezo o 20 de xuño na Cova da Xabreira cun espectáculo de maxia; o 18 de xullo será nas covas da Adega Melilla, Joaquín Rebolledo e Alán de Val con distintos expoñentes de música tradicional e, finalmente, o 22 de agosto será a cova das adegas Blare, que acollerá un espectáculo de danza contemporánea. O aforo será limitado debido ao espazo reducido das covas.

Os concellos de Larouco, A Rúa e O Barco de Valdeorras, en Ourense, acollerán os meses de xuño, xullo e agosto a primeira edición do Festival ‘Entre Covas: Festival de Artes e Enoturismo de Valdeorras’, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras, co apoio de Turismo de Galicia. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde na presentación da cita, da que dixo que é “un claro expoñente da diversificación do noso destino ao redor dun dos seus principais atractivos, como é a cultura vitivinícola”.

Nun acto que tivo lugar na contorna natural das Pinguelas, Xosé Merelles amosouse convencido do éxito da fórmula do festival ao maridar distintas modalidades de artes escénicas -maxia, música tradicional e danza contemporánea-, cultura vitivinícola e gastronomía.

Ademais, salientou que a programación variada deste festival permitirá distribuír nos tres concellos ourensáns os visitantes e tamén todos aqueles interesados nos viños de Valdeorras durante os meses de xuño, xullo e agosto, ao tempo que se promove a tradición patrimonial das covas, unha técnica empregada no pasado na elaboración e conservación dos caldos nestas terras ourensás.

Tres citas, tres meses, tres artes

O Festival ‘Entre Covas’ dará comezo o 20 de xuño na Cova da Xabreira cun espectáculo de maxia; o 18 de xullo será nas covas da Adega Melilla, Joaquín Rebolledo e Alán de Val con distintos expoñentes de música tradicional e, finalmente, o 22 de agosto será a cova das adegas Blare, que acollerá un espectáculo de danza contemporánea. O aforo será limitado debido ao espazo reducido das covas.

O Festival Entre Covas súmase a outras iniciativas apoiadas pola Xunta de Galicia en 2024 e 2025 coma o SilFest Valdeorras; Son da Estación e El Gran Guateque. Ademais, Turismo de Galicia está a desenvolver unha serie de iniciativas na comarca de Valdeorras -onde o enoturismo ten un especial protagonismo-, nas que leva investidos máis de 2,8M€ nos dous últimos anos.

Así, Xosé Merelles referiuse ao plan de sostibilidade turística de destino que se desenvolve co título ‘Valdeorras Ruta do Viño Milenaria’, cofinanciado pola Unión Europea o marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que conta cun investimento de 1,5M€. E tamén ás axudas para proxectos tractores de enogastronomía que benefician a varias adegas da zona e nas que a Xunta inviste case 400.000 euros.

Ademais, este departamento da Xunta colabora cos distintos concellos da zona á hora de mellorar e potenciar recursos turísticos locais achegando case 150.000 euros. A isto hai que engadir outras actuacións neste eido como son as obras de mellora e seguridade viaria que se están a realizar no Camiño de Inverno que supuxeron un investimento en 2024-2025, ao redor de 800.000 euros.

R., 2025-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES