Archivo (4 del 2025)

Buscador

Noticias

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, convocou hoxe os principais sectores da economía galega máis expostos ao comercio con EE.UU a unha reunión que se celebrará a vindeira semana para abordar a situación derivada da política arancelaria anunciada polo país norteamericano. Nunha carta enviada hoxe aos responsables dos clústeres e asociacións sectoriais, Lorenzana emprázaos á reunión que terá lugar o vindeiro luns, 14 de abril, logo de que se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado por parte ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, este xoves coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións.
Úbeda, tras interesarse dende novo pola pintura, viaxou a Madrid nun camión de peixe para vivir varios anos na capital. Dende aí, trasladouse a Holanda e Italia, gañando galardóns como o Gran Premio Roma e vinculándose a artistas do mundo do cinema como o director Federico Fellini ou o actor de comedias Totó. Na actualidade, continúa pintando no seu estudo de Samieira (Pontevedra). A exposición componse de 45 pinturas, 5 debuxos e unha peza audiovisual inédita para mergullarse no seu universo creativo. Úbeda desprega a súa vida en chave puramente artística e a súa obra pode entenderse como a construción dunha paisaxe interior-exterior que reflicte lugares, tempos e xentes.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia xa acada un gasto público (local, autonómico, estatal e europeo) nas universidades equivalente ao 1% do Produto Interior Bruto autonómico. Fíxoo nunha rolda de prensa na que, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, destacou que este obxectivo, fixado na Lei Orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU), se logra en Galicia con sete anos de antelación, dado que o horizonte está marcado para 2030 nesta norma a nivel estatal.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que o Executivo autonómico vai destinar 52 millóns de euros a un paquete de axudas para impulsar a colaboración público-privada, dinamizar a economía e promover que os resultados da I+D+i galega cheguen á sociedade. Unhas medidas que se enmarcan no obxectivo de seguir consolidando á nosa Comunidade como un referente no I+D+I, así como de xerar, reter e atraer talento que está traballando noutros territorios.
Foron presentados os festivais Wake UP! e One Dance que se celebrarán a vindeira Semana Santa no Pavillón 3 do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). O Wake UP Festival celebrarase o día 17 de abril (de 20:00 horas a 06:00 horas) e traerá a Vigo a recoñecidos artistas como Adrian Mills, Biia, Deborah de Luca, DJ Swisherman, Fantasm, Isma B e Nina Kraviz. No caso de One Dance, que será o 19 de abril (desde as 18:00 horas) os invitados son Basshunter, DJ Shas!, Floorfilla, Guru Josh Project, Kate Ryan, Marvin & Andrea Prezioso, Nathalie Aarts, Safri Duo, Soniko – DB, Rob & Mark Deluxe, Viceversa e Pablo Méndez Performances.
A comunidade rematou o ano co 100 % do orzamento executado, cun superávit do 0,25 %, reducindo a débeda en 234 millóns de euros e rebaixando a ratio débeda/PIB ata o 14,5 %. Galicia pechou o exercicio cun superávit de 202 millóns de euros. Un saldo positivo motivado por unha liquidación do SFA superior á inicialmente prevista, que permitiu a recuperación da concesión de catro autovías, cun aforro de 342 millóns de euros nos exercicios futuros. Esta operación ten carácter financeiro e, polo tanto, non ten impacto no cálculo do saldo. A débeda por habitante sitúase na comunidade nos 4.395 euros fronte aos 6.870 euros da media de comunidades. Ademais, Galicia lidera un ano máis o esforzo investidor, cun 16,4% do gasto de capital sobre o gasto non financeiro, case o dobre da media.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro coa súa homóloga cántabra, María José Saénz de Buruaga, no que ambos reafirmaron a súa alianza común en relación a un financiamento autonómico equitativo e á xestión equilibrada do lobo. Os mandatarios subliñaron a boa sintonía entre os territorios e acordaron traballar xuntos polo desenvolvemento territorial e o benestar dos idadáns. Rueda e Buruaga reiteraron o seu compromiso coa Declaración de Santiago, que en novembro de 2021 asinaron oito comunidades autónomas de diferentes signos políticos, para reclamar un modelo negociado multilateralmente e baseado no custo real dos servizos públicos e en outros criterios obxectivos.
A Xunta presentou ao conxunto do sector pesqueiro galego, no marco da celebración do Consello Galego de Pesca, o seu Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da PPC no que se establecen as prioridades da comunidade ante o proceso aberto o ano pasado ano pola Comisión para a súa avaliación. O encontro foi presidido polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen resaltou o traballo realizado polo Goberno galego, da man do conxunto da cadea mar-industria, na elaboración da folla de ruta galega. Villares sinalou que este decálogo vén a reformular o Ditame aprobado por unanimidade polo Consello no 2022.
Un proxecto que permitirá mellorar a fiabilidade da transcrición de conversas co servizo de emerxencias do 112 de Galicia e recoñecer automaticamente o idioma é un dos seleccionados para participar na primeira contorna de probas de intelixencia artificial da Unión Europea, figura recollida no Regulamento europeo de IA. Para a configuración deste campo de probas regulatorio (sandbox), o Goberno do Estado escolleu 12 proxectos que incorporan sistemas de intelixencia artificial de alto risco e que afectan ao acceso a servizos públicos esenciais, biometría, emprego, infraestruturas críticas, maquinaria, produtos sanitarios e produtos para diagnose in vitro. A Xunta é a única administración pública implicada no sandbox e, polo tanto, a primeira en participar nunha experiencia piloto deste tipo a nivel europeo.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 13 do ano, que determina que a intensidade da gripe en Galicia se mantén baixa e a tendencia segue a ser decrecente. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria reduciuse un 14 % con respecto á semana previa, con 33,2 consultas por 100.000 habitantes. O descenso da taxa de consultas por gripe en atención primaria obsérvase en todos os grupos de idade e nas sete áreas sanitarias, agás na da Coruña, onde se mantivo estable, e na de Ferrol, na que aumentou.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (171)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES