
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este luns os festivais Wake UP! e One Dance que se celebrarán a vindeira Semana Santa no Pavillón 3 do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). A representante autonómica destacou o éxito que xa obtivo o Wake UP! o pasado mes de outubro cando organizou a súa primeira edición.
Na súa comparecencia, acompañada por Luis Diz, CEO do Grupo Pelicano, e José Patiño, director de Wake Up! Electronic Parties, a representante autonómica destacou que o Ifevi é un espazo espectacular que ofrece as condicións ideais para gozar de dúas xornadas excepcionais dedicada á música.
Os organizadores agradeceron o apoio do Goberno galego e destacaron o atractivo que presenta a cidade para este tipo de espectáculos. Acertamos con Vigo, queremos poñer en valor o lugar onde estamos e o apoio institucional da Xunta de Galicia, apuntou o responsable do Grupo Pelícano.
Pola súa banda, José Patiño incidiu no feito de que os dous eventos programados responden a diferentes públicos. Vai a ser moi bonito, porque temos xente moza que vai a ir o xoves ao Wake UP! e o sábado repetirá cos seus pais en One Dance, subraiou.
17 e 19 de abril no Ifevi
O Wake UP Festival celebrarase o día 17 de abril (de 20:00 horas a 06:00 horas) e traerá a Vigo a recoñecidos artistas como Adrian Mills, Biia, Deborah de Luca, DJ Swisherman, Fantasm, Isma B e Nina Kraviz. No caso de One Dance, que será o 19 de abril (desde as 18:00 horas) os invitados son Basshunter, DJ Shas!, Floorfilla, Guru Josh Project, Kate Ryan, Marvin & Andrea Prezioso, Nathalie Aarts, Safri Duo, Soniko DB, Rob & Mark Deluxe, Viceversa e Pablo Méndez Performances.
Luis Diz, responsable da Sala Pelícano, indicou que a venta de entradas para o festival marcha a moi bo ritmo. A día de hoxe xa temos case que 9.000 tickets vendidos para os dous festivais, é unha cifra importante e o obxectivo é chegar entre 14.000 e 15.000, pero o que buscamos non é tanto volumen como que todo saia ben, a resposta está garantizada e a xente respondeu de forma excelente, sinalou.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.