Noticias

Galicia pecha 2024 co 100% de orzamento executado e menos débeda

A comunidade rematou o ano co 100 % do orzamento executado, cun superávit do 0,25 %, reducindo a débeda en 234 millóns de euros e rebaixando a ratio débeda/PIB ata o 14,5 %. Galicia pechou o exercicio cun superávit de 202 millóns de euros. Un saldo positivo motivado por unha liquidación do SFA superior á inicialmente prevista, que permitiu a recuperación da concesión de catro autovías, cun aforro de 342 millóns de euros nos exercicios futuros. Esta operación ten carácter financeiro e, polo tanto, non ten impacto no cálculo do saldo. A débeda por habitante sitúase na comunidade nos 4.395 euros fronte aos 6.870 euros da media de comunidades. Ademais, Galicia lidera un ano máis o esforzo investidor, cun 16,4% do gasto de capital sobre o gasto non financeiro, case o dobre da media.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe os datos dun informe que acredita “a boa saúde das contas públicas galegas”, o que permitiu que Galicia pechase 2024 cun superávit de 202 millóns de euros, “reducindo a súa débeda e cun incremento do PIB por riba do previsto”.

O informe revela que a comunidade rematou o ano co 100 % do orzamento executado, cun superávit do 0,25 %, reducindo a débeda en 234 millóns de euros e rebaixando a ratio débeda/PIB ata o 14,5 %. O documento destaca tamén que Galicia pechou o exercicio cun superávit de 202 millóns de euros. Un saldo positivo motivado por unha liquidación do SFA superior á inicialmente prevista, que permitiu a recuperación da concesión de catro autovías, cun aforro de 342 millóns de euros nos exercicios futuros. Esta operación ten carácter financeiro e, polo tanto, non ten impacto no cálculo do saldo.

A débeda por habitante sitúase na comunidade nos 4.395 euros fronte aos 6.870 euros da media de comunidades, co que, tal e como explicou Rueda, “cada galego debe hoxe 2.474 euros menos que os habitantes da media das comunidades autónomas”.

Tal e como reflicte o documento, a Comunidade Galega cumpre executando o orzamento con máis crecemento, máis investimentos, menos impostos, menos débeda e con mellores indicadores que os territorios da súa contorna: “cun crecemento do PIB do 2,8 %, medio punto máis do previsto”; acadando un nivel do PIB 9 puntos superior ao ano 2019, dous puntos máis que a media española; coa menor taxa de paro desde 2008, dous puntos inferior á media de España, e cun novo récord nas exportacións, por riba dos 31.000 millóns de euros.

Ademais, Galicia lidera un ano máis o esforzo investidor, cun 16,4% do gasto de capital sobre o gasto non financeiro, case o dobre da media.

Pago a provedores

Por outra banda, a Administración galega situouse, un ano máis, entre as CC.AA. que pagou aos seus provedores con maior axilidade: 17,3 días de media en 2024, é dicir, 13,8 días antes que a media das comunidades. Esta axilidade beneficia os case 15.700 provedores que traballan coa Xunta, pois favorece a súa liquidez, tendo en conta que moitos deles son pemes e mesmo autónomos.

Cómpre salientar que o pasado ano a Xunta de Galicia pagou un total de 723.570 facturas. O Goberno galego reafirma o seu compromiso con seguir pagando coa máxima axilidade posible.

R., 2025-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES