Buscador
Noticias
O proxecto EMBRedES+ botou a andar en 2023, coordinado polo Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo, co obxectivo de consolidar e fortalecer o funcionamento do nodo español de European Marin Biological Resource Centre (EMBRC-ES), ao que pertencen a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla do CIM; a Estación Mariña de Plentzia (PiE), dependente da Universidade do País Vasco; e o Banco Español de Algas (BEA- ULPGC).
A Biblioteca Pública Provincial de Lugo acolle a exposición sobre o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela, impulsada por Egeria. A mostra, que permanecerá na Biblioteca ata o vindeiro 28 de marzo, consta de 12 paneis con textos e fotos que, a través de información recollida de distintas publicacións, repasa a traxectoria da banda desde a súa formación en 1873.
Co gallo da celebración do Día do Cómic neste mes de marzo, Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na Sede Afundación de Ferrol a exposición 'Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo', unha orixinal ollada á figura e obra deste artista universal, interpretado por grandes nomes da banda deseñada. A exposición rende homenaxe ao xenio a través dun orixinal percorrido por máis de 170 pezas, moitas delas concibidas ex professo para esta exposición.
Como cada ano, a Biblioteca Universitaria únese á celebración do Día Internacional da Muller e faino cunha exposición na que durante o mes de marzo se rende homenaxe a 21 mulleres que, ao longo da historia, romperon co estereotipo da debilidade física. Desde Exeria no século IV ata Laura Dekker xa neste século, a biblioteca fixo unha selección de Mulleres intrépidas, que é o título da mostra, 'que exploraron o planeta e o espazo por distintos medios'.
A sociedade xestora da Cidade das TIC quedou constituída tras a sinatura do documento de constitución por parte do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Este acto formaliza a posta en marcha da entidade encargada de xestionar este proxecto tras a aprobación en novembro por parte das institucións dos novos estatutos que rexerán o funcionamento da sociedade.
A rápida evolución da IA representa un reto inminente para a sociedade e os gobernos, pero tamén para o mundo científico. Esta tecnoloxía pode revolucionar moitos eidos do coñecemento, pero avaliar as súas potencialidades e eivas é imprescindible para poder sacarlle partido. Con este obxectivo, o campus de Vigo reuniu a máis de 60 investigadores e investigadoras de diferentes eidos.
O profesor da USC na Facultade de Humanidades e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, alén de poeta, narrador, ensaísta e tradutor, Claudio Rodríguez Fer, acaba de ser galardoando co Premio Babel de Literatura 2025 que outorga a Universidade de Texas pola 'calidade excepcional e a importante contribución do seu traballo' no campo literario. O premio, que se entrega anualmente, 'honra a persoas que promovan o diálogo literario entre linguas e culturas'.
As praias agochan moito máis que area entre as súas ondas. Co obxectivo de comprender mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) impulsa Iberarenum, un innovador proxecto de ciencia cidadá que invita a persoas de todas as idades a participar na creación do primeiro banco nacional de area de praia da península ibérica.
'desenvolvemento urbano' é o título do relatorio co que Nerea M. Otero Vale abre as Xornadas de Nova Investigación que o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolve ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC. Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana.
O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle a exposición 'Narcisa e os monos voadores', un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista xestado por Ana Costas para oito artistas coa colaboración de Carlos Villanueva. A inauguración foi presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias Fernández, e nela interviñeron tamén as artistas Ana Costas e Rita Mas e a psicóloga Cecilia Cardero.