Notas de prensa

A rehabilitación dos cascos históricos abre as Xornadas de Nova Investigación que o Idega impulsa no Campus de Lugo

‘'desenvolvemento urbano' é o título do relatorio co que Nerea M. Otero Vale abre as Xornadas de Nova Investigación que o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolve ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC. Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana.

Graduada en Xeografía e Ordenación do Territorio e cun mestrado en Planificación e Xestión Territorial, Otero Vale analizará a importancia da recuperación do patrimonio arquitectónico e urbanístico como elemento clave para un crecemento sostible e equilibrado das cidades, combinando o respecto pola historia coa mellora da calidade de vida da cidadanía. O director do Idega e catedrático da USC, Rubén Camilo Lois González, pertencente ao grupo en Análise Territorial (ANTE), é o director-titor desta investigación.

Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser “unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana, así como para reflexionar sobre os retos e oportunidades que supón a posta en valor dos cascos históricos dentro do modelo de desenvolvemento territorial”.

Próximos encontros

As Xornadas continuarán o 26 de marzo co relatorio de Antonella Maneli sobre ‘Os procesos de integración-exclusión social das persoas migrantes en Galicia: O rol das ONG’. Tamén integrarán o programa Ana Margarida Cruz da Silva con ‘A riqueza e o valor cultural da Serra da Estrela de Portugal’ (23 de abril), Sandra Coelho con ‘Valorización do carácter da Agricultura Familiar e o papel dos seus actores como determinantes do Desenvolvemento Rural en territorios de montaña’ (30 de abril), e Javier Vera López con ‘Red de valor del Árbol Ramon (brosimum alicastrum swartz) en México’ (7 de maio). Todas as sesións terán lugar na Facultade de Humanidades, ás 16.30 horas.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES