Notas de prensa

Un proxecto expositivo reflexiona en Fonseca sobre o trastorno narcisista

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle a exposición 'Narcisa e os monos voadores', un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista xestado por Ana Costas para oito artistas coa colaboración de Carlos Villanueva. A inauguración foi presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias Fernández, e nela interviñeron tamén as artistas Ana Costas e Rita Mas e a psicóloga Cecilia Cardero.

A mostra consta de oito pezas, resultado da interpretación dos 8 conceptos que se lle asignou a cada artista e unha peza en audio que reproducirá en bucle a voz da súa propia creadora, Rita Más Ibáñez: interpretación da 'Envexa' por Montse Rego, do 'Egoísmo' por María Xosé Díaz, da 'Mezquindade' por María X. Fernández, da 'Traizón' por Ana Costas, da 'Mentira' por Ricardo de Campos, da 'Vanidade' por Ruth Lodeiro, da 'Hipocrisía' por Marita Carmona, da 'Mediocridade' por Alma Pérez, e da 'Narcisa' por Rita Más Ibáñez.

O narcisismo é un tema recorrente, presente e relacionado coa beleza, aínda que non a roce. O conflito que xera o debate da ‘Non Beleza’ manifestado a través da Arte, vén cuestionar a importancia ou non da mensaxe na expresión artística. Sobre todo isto pretende reflexionar o grupo de artistas intencionadamente ecléctico no que cadaquén parte dunha característica distintiva do narcisismo, contando co seu propio espazo, idea e acotación, á que pon os límites onde decide poñelos. A excepcional colaboración de Carlos Villanueva na selección da peza tras a voz da poeta Rita Más, pon o broche de ouro no elenco deste proxecto artístico.

Poderá visitarse ata o 26 de abril de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES