Notas de prensa

O CIM presenta un proxecto de ciencia cidadá para crear o primeiro banco nacional de area de praia da península ibérica

As praias agochan moito máis que area entre as súas ondas. Co obxectivo de comprender mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) impulsa Iberarenum, un innovador proxecto de ciencia cidadá que invita a persoas de todas as idades a participar na creación do primeiro banco nacional de area de praia da península ibérica.

Financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (FECYT), o proxecto presentouse este mércores cunha recollida de mostras realizada por alumnado de 3º da ESO do CPI Cova Terreña de Baiona, dando así o pistoletazo de saída oficial a unha iniciativa colaborativa que permitirá recompilar mostras de area de diferentes puntos da xeografía galega e ibérica.

O acto de presentación do proxecto contou coa participación do director do CIM, Daniel Rey, e do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, así como da concelleira de Educación, Nuria Leyenda; do concelleiro de Mar, Joaquín López; e da edil de Medio Ambiente de Baiona, Ruth Álvarez. Daniel Rey explicou que se trata dunha iniciativa “que busca achegar á sociedade ao coñecemento científico e á importancia da sedimentoloxía mariña nun contexto de cambio climático. Queremos achegar a ciencia á sociedade, fomentando a participación cidadá na investigación e espertando vocacións entre a mocidade e imos facelo cun proxecto que busca non só estudar, senón tamén inspirar e crear conciencia”. O director do CIM animou o alumnado do CPI Cova Terriña a vivir a experiencia con entusiasmo, xa que “cada mostra que recollades non é só area, é unha pequena historia sobre a nosa costa, sobre como se formaron as nosas praias, sobre os ríos e mares que moldearon o noso territorio. As vosas mans axudarán a dar forma a un coñecemento que contribuirá a entender mellor e protexer a nosa contorna natural”.

Pola súa banda, Vázquez Almuíña amosouse encantado que o CIM escollera Baiona para presentar este proxecto e gabou a implicación do CPI Cova Terriña na iniciativa. O rexedor destacou a importancia desta iniciativa “que camiña da man co compromiso do noso concello co medio ambiente, co mar e coa educación”.

Un proxecto que involucra a toda a sociedade

No evento de presentación púxose de relevo que involucrar á sociedade no proceso científico é unha poderosa ferramenta para dar a coñecer o medio mariño e a importancia de conservalo. Por este motivo, o obxectivo de Iberarenum é que calquera persoa, grupo educativo ou asociación poida contribuír ao proxecto, seguindo as instrucións dispoñibles na web iberarenum.es, onde atoparán unha guía de recollida, unha unidade didáctica para centros educativos e un formulario de participación.

As praias son ecosistemas en constante cambio debido a factores como o clima ou as características xeolóxicas da súa contorna. Analizar a area axuda a comprender a súa evolución, os impactos do cambio climático e permite mellorar a xestión sostible dos recursos costeiros. "A ciencia non é algo afastado da cidadanía, senón que precisa da colaboración de todas e todos para avanzar. Iberarenum é un claro exemplo de como a participación social pode achegar valor ao coñecemento científico", sinala Daniel Rey.

O proxecto, ademais de contribuír á ciencia mariña, busca dar a coñecer a natureza da ciencia, os seus métodos e a importancia da investigación en sedimentoloxía mariña; fomentar a participación cidadá na xeración de coñecemento científico; así como, espertar vocacións científicas especialmente entre as novas xeracións. Iberarenum, liderado polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, enmárcase nos programas de alfabetización oceánica do Campus do Mar, e conta coa colaboración e financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades cofinanciado pola Xunta de Galicia. O proxecto está aliñado coa Década dos Océanos das Nacións Unidas, reforzando o compromiso coa investigación, a conservación dos mares e a divulgación científica. Desde o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo faise un chamamento á participación activa da cidadanía.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da Facultade de Belas Artes da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES