Archivo (5 del 2022)

Buscador

Noticias

O Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) acaba de escoller ao físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel para liderar un equipo internacional que estudará durante os próximos dous anos os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
Vense de fallar a XXVII edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, convocado polo Concello de Paradela en memoria do seu Fillo Predilecto, destacado poeta obreiro, emigrante que foi a ponte de unión entre Galicia e os galegos de Catalunya, dos que foi cronista. Á presente edición concorreron un total de 913 traballos, dos que 409 foron no apartado de Poesía e 504 en narrativa.
De luns a mércores, distintos profesionais da empresa e investigadores da Universidade da Coruña afondarán nas necesidades e retos do sector da enerxía eólica mariña, da loxística, do naval, do metal-mecánico, do deseño e dos materiais. O sector da enerxía eólica mariña e da loxística centrarán o estudo e debate da primeira das xornadas da Semana Campus Industrial de Ferrol.
Como un evento 'de carácter transdiciplinar', que reúne expertos 'de áreas moi diferentes', e tamén 'altamente internacional', dada a participación de investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e xaponesas, definiu o investigador José Andrés Santiago o simposio Manga in a postdigital environment, que este luns botou a andar na sede da Vicerreitoría do campus.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu unha xornada centrada no impacto que teñen os residuos e os incendios nos diferentes tipos de solos. Nela participaron dúas persoas referentes nestes eidos no contexto estatal, como son Raimundo Jiménez, do Departamento de Xeoloxía e Xeoquímica da Universidad Autónoma de Madrid, e Montserrat Díaz, do CSIC.
A primeira asemblea xeral e o segundo encontro do comité de dirección do proxecto europeo NeoGiANT, coordinado pola USC, reuniu ao longo desta semana en León a medio cento de participantes. Os e as asistentes puideron debater os avances acadados no marco deste consorcio internacional que pretende desenvolver un conxunto de novos produtos para animais baseados en extractos naturais cos que diminuír o uso de antibióticos na cría e substituír os conservantes sintéticos.
Analizar, poñendo o foco no manga, no cómic xaponés, as transformacións formais, estéticas e narrativas que as tecnoloxías dixitais teñen producido neste medio é o principal obxectivo do proxecto de investigación Estudos transdisciplinares sobre cómic, que o grupo dx5 (digital & graphic art research) da Facultade de Belas Artes da UVigo desenvolve co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación.
O proxecto ABILITI investiga de que xeito os sistemas de telepresenza poden previr o illamento no sistema educativo dos nenos e nenas con enfermidades graves e/ou crónicas. Este consorcio internacional do que forma parte a USC testa un robot físico que permite ao alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración participar en clase e mesmo en actividades extraescolares a través dunha app na súa tablet.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde UVigo, presentou un novo documento de análise no que aborda 'A reforma que a administración necesita: propostas para o s. XXI'. Nel sinálase que a dixitalización, transparencia e colaboración público-privada son chaves para a administración do futuro e recoméndase profesionalización, burocracia máis eficaz e avaliación constante das políticas públicas.
Ana Isabel Rodríguez Vázquez foi elixida decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC co 100% do voto emitido nas eleccións que se desenvolveron o pasado 12 de maio. Entre os desafíos do centro para os próximos anos, Rodríguez destaca o 'reforzo da internacionalización', mediante a ampliación da oferta docente transnacional e o incremento da visibilización dos resultados de investigación.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES