
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, MarÃa Jesús Movilla, a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, o presidente da Autoridade Portuaria Ferrol - San Cribrao, Francisco Barea, e os directores técnico e cientÃfico do Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), Anne Gosset e Armando Yáñez, inauguraron a Semana Campus Industrial de Ferrol: Conectando universidade e empresa, unhas xornadas coas que se pretende conectar as necesidades e retos do tecido produtivo coas solucións que pode aportar a universidade en termos de capacidades I+D+i e de docencia.
Desde o luns 30 de maio ata o mércores 1 de xuño, distintos profesionais da empresa e investigadores da Universidade da Coruña afondarán nas necesidades e retos do sector da enerxÃa eólica mariña, da loxÃstica, do naval, do metal-mecánico, do deseño e dos materiais.
O sector da enerxÃa eólica mariña e da loxÃstica centrarán o estudo e debate da primeira das xornadas da Semana Campus Industrial de Ferrol: Conectando universidade e empresa a través de tres mesas redondas, a primeira delas afondará no potencial de desenvolvemento, desafÃos e necesidades de innovación e recursos, a segunda nas perspectivas e retos do sector da enerxÃa en Galicia e a terceira nos desafÃos e tendencias do sector loxÃstico.
A segunda das xornadas da Semana Campus Industrial de Ferrol: Conectando universidade e empresa inclúe tamén tres mesas redondas centradas na transformación dixital do sector naval, nas tendencias e innovacións no sector naval e nas necesidades formativas para afrontar os retos sectoriais e nos desafÃos do sector metal-mecánico afondando nas tecnoloxÃas que acompañarán a transformación do sector poñendo especial énfase na incorporación de prácticas vinculadas á economÃa circular. Do mesmo xeito, o programa deste segundo dÃa inclúe tamén varias intervencións nas que se presentarán as oportunidades que supoñen para as empresas os fondos Next Generation da Unión Europe organizadas polo IGAPE e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
O deseño e os materiais serán os protagonistas da terceira e última xornada da Semana Campus Industrial de Ferrol: Conectando universidade e empresa. Inclúense dúas mesas redondas, a primeira centrada nas necesidades formativas do sector do deseño, a segunda na integración dos criterios de sustentabilidade e da reciclaxe nos novos materiais. A experiencia de colaboración coa empresa por parte da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), o traballo de investigación realizado desde o Campus Industrial de Ferrol no eido dos novos materiais e da circularidade e a experiencia da Materioteca de Galicia CIS - GAIN completan o programa.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.