Archivo (5 del 2022)

Buscador

Noticias

Do 13 a 16 de xuño terá lugar unha nova edición, a sexta, do Simposio Internacional de Ensino das Ciencias. Este evento en liña celébrase cada dous anos como un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquera ámbito educativo.
Un equipo investigador da USC acaba de publicar un estudo que abre unha nova vía inmuno-terapéutica na loita contra o cancro. O traballo internacional, liderado polo investigador principal do CiQUS Eddy Sotelo e Andreas Lundqvist do Karolinska Institutet de Suecia, conta ademais coa participación de persoal investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Facultade de Farmacia compostelá, e da Universidade sueca de Uppsala.
Hai libros que contan a historia de nenas libres e rebeldes, como Pipi Mediaslongas, pero tamén hai libros sobre o ideal feminino da época franquista como Flora. Hai literatura infantil clásica, como a dos irmáns Grimm, pero tamén hai historias que van máis aló do estándar europeo ou occidental. E é que os contos son historias que viaxan, que están presentes en todas as culturas e épocas.
Do 23 ao 25 de maio, astrónomos e astrónomas de máis de 20 países do mundo danse cita na USC para debater os progresos alcanzados no marco do proxecto MW-Gaia COST. O obxectivo principal desta iniciativa é 'proporcionar unha mellor comprensión da nosa galaxia, as súas estrelas e planetas, e mellorar o potencial da comunidade na súa explotación científica', sinala a profesora da USC Josefina F. Ling.
Investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, liderados por Sebastián Villasante (USC) e coa colaboración das confrarías de Cambados, Redondela e a Lonxa de Campelo, analizan nun estudo publicado en Frontiers of Marine Science, os impactos do cambio climático sobre a vulnerabilidade socioeconómica do marisqueo nas rías galegas.
Os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño, A Coruña acollerá a undécima edición do XI Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes.
A creación de bancos de voz para facilitar que as empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías é unha das metas do proxecto ‘Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega’. O convenio de colaboración asinado polo reitor da USC, Antonio López e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, permitirá avanzar no traballo de campo, deseñará prototipos dos recursos e experimentará cos primeiros demostradores.
Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.
O proxecto rurAllure botou a andar hai algo máis dun ano co obxectivo de divulgar o patrimonio cultural que rodea as grandes vías de peregrinación de Europa, ampliando as experiencias dos peregrinos que as percorren achegándolles. A finalidade é empregar ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación para achegarlles a oferta cultural das áreas rurais próximas.
A aposta da USC por alianzas estratéxicas que fomenten a innovación educativa consolídase coa implantación de catro novas titulacións que verán a luz o vindeiro curso. No marco do proxecto Universidade sem Fronteiras (UNISF), botarán a andar o mestrado universitario en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais e o programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións, coordinados os dous dende a institución compostelá.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES