
Entre as diferentes facetas deste proxecto integrador e transformador - que conta co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música), Gadis ou Estrela de Galicia - destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersonais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos
Este evento arrincará no Forum Metropolitano da Coruña o venres 17 de xuño, ás 20:00 horas e con entrada libre ata completar capacidade, coa presentación do festival a cargo da actriz María Vázquez para, posteriormente, asistir a dúas representacións teatrais: unha peza curta que conta coa importantísima colaboración do prestixioso festival Escena Móbile de Sevilla e, a continuación, a obra No confeso, dirixida polo actor Javier Colado e Alma García a partir do proceso de residencia de catro alumnos/ as na Ribeira Sacra e na Coruña.
A primeira xornada do XI Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin con Organik Dantxa e a obra de danza inclusiva Arnasa, ideada e dirixida por Natalia Monge.
O sábado 18 de xuño o evento trasládase a uns Xardíns de Méndez Núñez onde, ás 11 da mañá, dará comezo a Asemblea Diversa, mesa moderada por Manuel Aguilar onde se coñecerán os proxectos seleccionados por Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa. Ademais, Manuel Olveira falaranos sobre Artes plásticas e visuais e inclusión, Eugene Van Erven sobre o Festival Internacional de Artes Comunitarias de Bélxica, Vicente Galaso sobre Artes inclusivas na enfermidade mental e Encarna Lago sobre a Transformación social a través das artes nos museos.
Xa na xornada de tarde, ás 17:00 horas, poderemos asistir á presentación de La Pequena Bauhaus, marca deseñada por nenos/ as e adolescentes - con e sen diversidade funcional - creada en colaboración con diferentes artistas durante o SacraExperience. Posteriormente, ás 18:00 horas, a compañía de danza integrada do Colexio O Pelouro de Tui, Eudanza, representará a obra La danza del yo, dirixida por Laura Llauder.
A segunda xornada do XI Encontro Artes pola Integración finalizará a partir das 19:00 horas coa representación de No me toques el secreto, de Experimentadanza, unha peza onde tres mulleres, Clara, Carlota e unha cadeira de rodas, descobren a existencia de lugares onde, se os tocas, rexorden emocións profundas que nos aproximan máis á vez que nos afastan dos nosos propios medos.
Esta cita coas artes e a inclusión chegará ao seu fin na xornada do domingo 19 de xuño cando, a partir das 17:00 horas e na praza de Azcárraga, o público asistente poderá gozar da representación dunha peza curta gañadora do festival Escena Móbile de Sevilla. Finalmente, o broche de ouro desta undécima edición do Festival Artes pola Integración correrá cargo do prestixiosos DJ francés Pascal Kleiman, músico que naceu sen brazos debido a unha malformación provocada por un medicamento que tomou súa nai durante o seu embarazo e que non impediu que triunfe pichando cos seus pés en diferentes discotecas e pistas de baile. Todo un privilexio, sen dúbida, para o público coruñés.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.