
Este ano a viaxe (aplazada dous anos polas restriccións derivadas da pandemia), foi á illa de Sicilia, e alí se encontran desde o pasado venres medio cento de membros desta Asociación que preside Ángel Trabada, e alí celebraron o Día das Letras cunha breve intervención do xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación, e o canto colectivo do Himno Galego.
Como o Covid impedíu que Xulio acompañara a expedición, a súa intervención - telemática, como se recolle na fotografía adxunta -, aparte dunha orixinal celebración da Festa da Lingua entre dous paises, constituíu unha especial homenaxe aos autores alófonos, como define Alonso Montero aos ue, non sendo galegos, escriben en galego por amor a esta terra e o seu idioma, entre os que ten especial papel Federico García Lorca, cos seus Seis poemas galegos.
Os viaxeiros do Camiño voltarán a Lugo na noite do próximo venres.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.