Noticias

O número de viaxeiros a Galicia medra neste 2025 e constata a desestacionalización do destino

No que vai de ano vense rexistrando un crecemento responsable e equilibrado do turismo en Galicia, marcado por un carácter desestacionalizador do destino con incrementos de viaxeiros en xaneiro (+4%), febreiro (+3%) e maio (+4%). A isto súmase o efecto Semana Santa en marzo e abril, cun incremento neste último mes do 20%. Estas cifras xunto co feito de que o peso do verán en 2024 foi do 29% en número de viaxeiros e do 35% en noites constata que a desestacionalización do destino estase conseguindo, garantido así unha rendibilidade durante todo o ano.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou esta mañá no Parlamento de Galicia que no que vai de ano vense rexistrando “un crecemento responsable e equilibrado do turismo en Galicia”, marcado por un carácter desestacionalizador do destino con incrementos de viaxeiros en xaneiro (+4%), febreiro (+3%) e maio (+4%). A isto súmase o efecto Semana Santa en marzo e abril, cun incremento neste último mes do 20%.

A xuízo do director de Turismo, “estas cifras xunto co feito de que o peso do verán en 2024 foi do 29% en número de viaxeiros e do 35% en noites constata que a desestacionalización do destino estase conseguindo”, garantido así unha rendibilidade para o territorio e os galegos durante todo o ano. “Na última década o peso da demanda en verán reduciuse uns tres puntos”, apuntou.

Así, Xosé Merelles referiuse á boa acollida de programas coma o Bono Turístico que precisamente, este martes, abre o prazo para que as empresas turísticas que o desexen poidan adherirse e beneficiarse del en outono. “En total serán máis de 16.000 bonos que se poderán descargar a partir do vindeiro venres 18 de xullo e que se poderán gozar de setembro ao Nadal”, apuntou. A estas iniciativa sumou outras coma os Trens Turísticos, o Outono Gastronómico ou a Primavera de Portas Abertas que se desenvolven fóra de tempada.

Planificación e boa xestión

O director de Turismo de Galicia defendeu tamén a funcionalidade do cadro de mando de datos turísticos enmarcados no Observatorio de Sostibilidade Turística de Galicia como unha ferramenta imprescindible para a planificación e a boa xestión turística, así como para favorecer a toma de decisións e adaptación das políticas de acordo aos fluxos e evolución dos datos recollidos.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia subliñou que esta ferramenta permite monitorizar a demanda turística e a rendibilidade económica do sector turístico, entre outros ítem, dispoñendo de todas as fontes de datos, estatísticas e resultados de xeito máis rápido e doado.

En canto á rendibilidade económica, o cadro de mandos indica que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais nestes cinco primeiros meses próximos aos 118 millóns de euros, cifra que supera nun 2,9% o dato do mesmo período do pasado ano.

Ademais, esta ferramenta complétase con análises dos indicadores no eido aeroportuario, información cada vez máis precisa para os mercados turísticos, que “nos falan xa dun incremento do 9% na reservas internacionais deste verán con especial atención do mercado estadounidense”, e tamén con marcadores do Camiño de Santiago. Referíndose a isto último, Xosé Merelles destacou tamén que “estamos a aplicar novas ferramentas de monitorización coa instalación de sensores que nos permitiron estimar xa que, por cada Compostela emitida, en promedio circulan por estas rutas 1,6 peregrinos”.

“A análise de todos estes indicadores permitiranos deseñar unha oferta turística que respecte o noso territorio, que valore a nosa cultura e que beneficie aos residentes”, destacou o director de Turismo de Galicia.

Así, segundo explicou Xosé Merelles, a Xunta pode adiantarse e deseñar estratexias máis efectivas que permitan avanzar nas liñas de traballo no ámbito turístico como pode ser a desestacionalización.

R., 2025-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (bala-cdc.jpg) Os últimos concertos de Atardecer no Gaiás do mes de xullo traen unha das bandas galegas de rock máis internacionais do momento: Bala. O dúo coruñés actuará o xoves 23 de xullo, logo de ter pasado por escenarios e festivais de toda España, Reino Unido, Australia, Estados Unidos e Xapón. A actuación será ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con acceso libre e gratuíto. Con catro discos e un directo explosivo, Ánxela Baltar e Violeta Mosquera farán un repaso dos temas cos que deron forma a unha identidade única na escena. Guitarra, batería e voz son suficientes para lanzar disparos sonoros que lembran ao rock intenso dos 90 con influencias que van desde o stoner, ao hardcore e o punk.
Foto de la tercera plana (ribeira-sacra-03.jpg) Serán 33 os expedientes que serán avaliados nesta sesión co fin de acadar o máximo recoñecemento patrimonial por parte da Unesco. Esta valoración farase ao longo das xornadas do venres, do sábado, do domingo e do luns. A programación rematará o mércores 29 coa aprobación do informe final, a adopción de decisións e a clausura oficial do Comité. A previsión é que a resolución sobre a candidatura galega se coñeza 'entre o domingo 26 e o luns 27'. Cómpre lembrar que este encontro se leva a cabo na cidade de Busán, onde o expediente será analizado por 21 embaixadores de Estados membros, entre eles Armenia, Acerbaixán, Bangladesh, Chequia, Granada, Xamaica, Kazakistán, Kenia, Kuwait, Líbano, Mongolia ou Perú.

Notas

Arredor de 200 investigadores e investigadoras, estudantes de doutoramento e profesionais procedentes de diferentes institucións académicas tanto nacionais como internacionais participan desde este luns no IX CINBIO Annual Meeting, a reunión anual do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS.
O Campus de Oza acolle ata o 22 de xullo de 2026, o Cellular Aging and Metabolism Symposium, CAMS 2026, un encontro científico internacional centrado no estudo da relación entre o envellecemento celular, o metabolismo e o desenvolvemento de enfermidades asociadas á idade. O congreso, inaugurado esta mañá polo reitor da UDC, Ricardo Cao, reúne a persoal investigador procedente de universidades, hospitais e centros de investigación de España e doutros países europeos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES