
O consorcio está integrado por 20 socios de nove paÃses, dos cales catro son institucións de educación superior —alén da USC, interveñen no proxecto as universidades de Porto, BerlÃn e Bohemia do Sur na República Checa—. Este proxecto internacional do programa H2020 está coordinado pola catedrática de QuÃmica AnalÃtica da USC Marta Lores.
Os novos produtos levarán como ingrediente activo un extracto de bagazo de uva branca (e-Vitis), obtido de Vitis vinifera, concretamente da variedade Albariño, mediante unha técnica de extracción sostible e patentada. “A proposta baséase na valorización de residuos da industria vitivinÃcola (co-produtos) procedentes da produción de viños brancos de alta calidade que conservan, tras o proceso de vinificación, unha importante carga dos compostos bioactivos orixinalmente presentes na uva”, explica a profesora Lores. Co fin de obter un extracto multicompoñente listo para o seu uso dun modo eficiente e “verde”, aplÃcase unha metodoloxÃa alternativa á extracción convencional que é, ademais, facilmente escalable.
Deste xeito obtéñense ingredientes funcionais en sistemas de produción sostibles que contribúen a implementar accións de economÃa circular no sector do viño. “O obxectivo último do proxecto é reducir a aparición de novas resistencias antimicrobianas e controlar mellor as resistencias antimicrobianas existentes no eido da crÃa e reprodución de animais destinados ao consumo humano”, sinala a responsable do proxecto.
“As excelentes propiedades do extracto natural, baseadas nos polifenois bioactivos da uva Albariño, proporcionarán protección antimicrobiana e antioxidante aos animais, mellorando o seu benestar e rendemento e actuando como terapias preventivas”, continúa a profesora Lores. Os produtos que se desenvolvan estarán deseñados para controlar un bo número de enfermidades infecciosas de grande importancia na produción animal, tanto en ganderÃa —bovina, porcina e avÃcola— como en acuicultura; pero non só para evitar o crecemento de microorganismos, senón para mellorar a saúde e o benestar dos animais, aumentando asà ademais a rendibilidade das instalacións gandeiras e das piscifactorÃas.
O equipo da USC en NeoGiANT (The power of grape extracts: antimicrobial and antioxidant properties to prevent the use of antibiotics in farmed animals) do programa H2020, está formado polos investigadores Carmen GarcÃa Jares, Trini de Miguel, Sandra Sánchez, Patricia DÃaz, Roberto Bermúdez e Maribel Quiroga.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.