
A Xunta divulgará a figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Así o deu a coñecer hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación dunha destas obras, Celebrando a Castelao. O artista polifacético, de Rubén de Lis.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude considerou máis que necesarias este tipo de publicacións para seguir espallando e preservando a vida, obras e achegas artísticas, intelectuais e políticas dun dos nosos persoeiros máis senlleiros e que marcou un antes e un despois da historia de Galicia.
Por estes motivos, Valentín García anunciou que, ademais desta obra de Rubén de Lis, da que gabou a súa habilidade para construír unha interpretación emocional e artística da figura de Castelao, o Goberno galego apoiará a publicación, por vez primeira na historia, da dúas edicións da emblemática obra teatral Os vellos non deben de namorarse.
A Xunta de Galicia farao en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a Fundación Castelao e Galaxia. Precisamente, con esta editorial, que tamén está a celebrar os seus 75 anos de existencia, levará a cabo a publicación da correspondencia inédita do escritor de Rianxo.
Manter vivo o legado entre as novas xeracións
Ademais destas dúas importantes obras, o Goberno galego apoiará a edición dos discursos institucionais de Castelao da man da Fundación Castelao e tamén levará a cabo a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936, en colaboración co Instituto Padre Sarmiento. Engadiranse á esta listaxe de publicacións prevista ao longo deste ano, a incorporación de fondos dixitalizados sobre o autor de Sempre en Galiza na Biblioteca dixital de Galicia, Galiciana.
O secretario xeral da Lingua incidiu na relevancia destas publicacións para manter vivo o seu imprescindible legado, sobre todo entre as xeracións máis novas, onde a súa obra serve de un faro sempre acceso e referente imperecedoiro sobre o respecto e amor pola lingua e pola nosa cultura, concluíu.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.