Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (coronavirus.jpg) O conselleiro de Sanidade informou en rolda de prensa das novidades acordadas polo subcomité clínico, e entre as que destacan o levantamento do peche perimetral das áreas sanitarias de Coruña e Pontevedra, e o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Boborás, Poboa de Brollón e A Mezquita, que se engadirán ao municipio pontevedrés de Soutomaior. Desde as 00:00 horas do luns, no que entrarán en vigor as novas medidas, os municipios das áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra recuperarán a mobilidade cos restantes concellos galegos, sempre e cando se atopen no seu mesmo nivel de restricións.

Opinión

OpinionLibros. A patria común. Amigos calados sempre dispostos a agasallar tempo e conversa. Durmidos no estante ou abertos nas mans estrean recordos e sorpresas. Con eles un xamais se equivoca. Un clásico nunca pasa de moda: é medida e modelo. Dickens, Cervantes, Castelao, Dostoievski, Camus, Tolkien, tantos, tantas recla...
Pinto Antón, J.A.

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (IMG_20210304_181201.jpg) Comezaron os actos de homenaxe a Xela Arias, sarriá á que se lle dedica este ano o Día das letras Galegas, coa presentación na Casa da Cultura de Sarria do proxecto 'Aquela nena de Sarria", levado a cabo polo Colectivo Egeria. Participaron Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ao que acompañou o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o Presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, e por parte do Concello de Sarria, o Alcalde, Claudio Garrido e a Concelleira de Cultura, Reyes Abella. Da familia Arias-Castaño acudiron a nai de Xela, Amparo Castaño; o fillo da homenaxeada, Darío Gil Arias, os irmáns de Xela, Marcos e Lois, e outros familiares.

Notas de Galicia

Cooperativas e Sociedades Laborais representan o 5% do PIB galego, podendo chegar ao 7% ao sumar outro tipo de entidades. Así o constata o Informe sobre a Economía Social en Galicia 2019, presentado este venres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e que ten como obxectivo cuantificar a importancia que na Comunidade Autónoma ten todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. No ano 2019, tal e como evidencia o informe, creáronse 56 novas cooperativas en Galicia, o que supuxo un crecemento do 4,1%.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Xunta e o Goberno luso coincidiron hoxe na necesidade de aproveitar os fondos europeos para impulsar as comunicacións entre Galicia e Portugal co AVE entre Vigo,Porto e Lisboa como prioridade. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo hoxe unha reunión en Melgaço coa ministra da Coesâo Territorial de Portugal, Ana Abrunhosa, para abordar as infraestruturas estratéxicas de comunicación transfronteiriza.

Notas de Galicia

Os incendios de 2017 como os de Chandebrito e Pedrógão Grande puxeron o foco de atención na importancia que ten para a prevención dos lumes o estado da masa forestal que hai arredor de vías de comunicación e poboacións. Ao ano seguinte, en 2018, catro empresas, dous grupos de investigación da Universidade de Vigo e un centro de investigación puxeron en marcha o proxecto Topacio.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (emerson-fitipaldi.jpg) Tu nombre, hoy, Fittipaldi,
se le aplica al conductor
que maneja bien el coche
y conoce su motor.
Un Fittipaldi es un tío…
un buen tipo, ¡sí, señor!
ver todas

Humor (por Sabela Arias Castro)

Humor
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania