Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un 5% para Malinche

Santalla, Iago - miércoles, 02 de julio de 2025
A imposición do gasto militar por parte de Trump lembra moito a Malinche: aquela muller que traizoa ao seu pobo abríndolle as portas ao conquistador. O mundo é outro e debe reflexionar sobre se fai falla ou non incrementar o gasto militar. Haberá que explorar se fai falla ou non establecer unha boa defensa. Haberá que explorar de onde veñen os argumentos, quen sementa o medo, quen impón o seu modelo de paz e que intereses veñen con el. Entre o negro e o branco sempre hai grises por explorar que fan que, quen pensa por si, non se escore para un lado ao cen por cen.

O problema non é o debate senón presupoñer que Estados Unidos nunca se equivoca e que é mellor con eles que sen eles. Analizando a historia son moitos os erros e poucos os recoñecementos dos mesmos. Logo non está mal pedirlle humildade e un diálogo sen imposicións nin superioridades.

Non sei, dada a situación internacional, se fai falla incrementar o gasto pero o que non se debe aceptar é un "trágala" unilateral disque polo ben do mundo libre.

Malinche ten moitas caras e todas reflicten a crueldade de quen só busca o beneficio propio a costa da debilidade e da destrución allea. Como di o refrán "paz na casa e guerra fora".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES