
Os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, informaron esta mañá da nova medida de apoio ás familias no eido educativo de desgravación fiscal pola adquisición de libros de texto e material escolar, a realizar no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do ano 2026, correspondente ao exercicio de 2025. Para iso, desde hoxe día 1 de xullo ata o 31 de decembro deste ano as familias deberán gardar as facturas de compra para poder facer efectiva a desgravación na vindeira declaración da renda de 2026.
Nunha visita á Libraría Folla Novas de Santiago de Compostela, o conselleiro de Facenda e Administración Pública detallou que esta nova acción do Goberno Galego permitirá ás familias galegas desgravar na declaración da renda do vindeiro ano o 15% pola compra de libros de texto e material escolar. En concreto, poderán desgravar ata 105 euros por fillo ou filla matriculados en educación Primaria e Secundaria, dixo Miguel Corgos, subliñando que esta medida beneficiará a unhas 60.000 familias con rendas anuais per cápita superiores a 10.000 euros e ata 30.000.
Cun aforro en conxunto de 6,3 millóns de euros aos fogares galegos, a porcentaxe do 15% aplicarase sobre o importe das facturas de compra para o vindeiro curso 2025-2026, realizadas a partir de hoxe, 1 de xullo, e ata o vindeiro 31 de decembro. Por iso, Miguel Corgos recordou a importancia de que as familias galegas garden todas as facturas de compra para incluílas na declaración da renda do vindeiro ano e poder así beneficiarse desta nova medida.
Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou que esta nova acción súmase ao completo programa de Xunta para apoiar ás familias nos gastos do inicio do curso para axudar a quen máis o precisa a través dunha medida de carácter transversal que afonda aínda máis na equidade e na igualdade de oportunidades, cuestión das que Galicia xa é líder no que ao ámbito educativo respecta. Ata o de agora as familias de rendas de ata 10.000 per cápita contaban con libros de balde ou vales para manuais e material escolar. A partir do vindeiro curso avanzamos un chanzo ao asegurarlles axudas tamén ás familias de rendas entre 10.000 e 30.000 per cápita, explicou Román Rodríguez.
Non en balde, no curso que acaba de rematar, 163.023 alumnos tiveron libros de balde a través do fondo, das axudas para a compra de manuais ou do programa de libro electrónico. Deles, 126.754 accederon tamén a vales de material.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.