Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (20251128-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que o Goberno galego está impulsando a posta en marcha dunha rede de fomento do emprendemento que se baseará na colaboración público-privada. A través da mesma, búscase crear unha estrutura estable de coordinación, presente en todo o territorio, co obxectivo de que calquera persoa, en calquera parte de Galicia, poida acceder á formación, acompañamento ou ao financiamento necesario para o seu proxecto: 'Non se trata de inventar cousas novas, non se trata de inventar ningunha fórmula máxica, senón que se trata de reforzar o que xa vimos facendo. Calquera emprendemento ligado ao territorio vai ser máis sostible, vai xerar máis valor económico e vainos a traer máis vantaxes', destacou o presidente.

Opinión

OpinionNunca me preocupou o futbol nin os deportes en xeral, pero tiña a idea de que os devotos dun equipo de fútbol se guiaban por principios de amor ás cores, do respecto á canteira... de xeito que o sentimento colectivo da poboación disfrutaba ou se compunxía en razón directamente proporcional á posición do equipo na ta...
Xiz, Xulio

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (sargadelos-cervo.jpg) A Xunta de Galicia rexeita o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que vén de presentar a dirección da planta de Sargadelos en Cervo, ao tempo que insta á reanudación da actividade canto antes en defensa dos dereitos das persoas traballadoras. Como autoridade laboral, o Goberno galego aprecia incongruencia na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa. Así mesmo, reafirma que —como non pode ser doutro xeito— velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade que se detecte.

Notas de Galicia

As Xornadas Horizonte Eurorrexional Galicia-Norte de Portugal organizadas en Santiago pola Fundación CEER consolidaron un paso decisivo cara á creación dun espazo universitario eurorrexional máis integrado. O encontro inaugurouno Inês Gusmãn, directora do CEER, xunto con Pilar Bermejo, vicerreitora de Política Científica da USC, quen destacaron a importancia estratéxica da cooperación eurorrexional no contexto europeo.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) A Consellería de Sanidade publica o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana do 17 ao 23 de novembro, que sinala que a actividade gripal en Galicia segue con intensidade baixa e tendencia crecente. Respecto da semana anterior, rexístrase un aumento na taxa de consultas por gripe en atención primaria dun 40,3 %. Así, esta taxa sitúase en 72,1 consultas por 100.000 habitantes. Produciuse aumento da taxa en todos os grupos de idade, destacando o grupo de 0 a 4 anos cun aumento do 78 %. Os grupos coa maior taxa de consultas seguen a ser o de 0 a 4 anos con 188,4 consultas por 100.000 habitantes. No que atinxe ás áreas sanitarias, incrementáronse as consultas en todas elas, duplicándose o valor na área de Vigo e rexistrando un aumento das súas taxas as áreas de Ourense (96,6 %) e de Lugo (79,3 %).

Notas de Galicia

A saúde, a auga, os ecosistemas e a economía local son algúns dos ámbitos afectados polo cambio climático e para que os que non abondan solucións illadas nin sectoriais. 'A adaptación require respostas integradas e con visión sistémica, que teñan en conta as múltiples dimensións do territorio', sinala o catedrático e investigador Xosé H. Vázquez, que representa á UVigo no proxecto europeo SystR, Accelerating systemic climate adaptation across Europe through integrated ecosystems of resilience solutions.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (dosi.jpg) Dosi, Dosi, Dositeo.
La gente cantaba a coro
tu nombre, Dosi, portero
y añadía -que añadían-
lo de "es el loco de Albeiros".
¡Ay, tus saltos increíbles...¡
¿Cómo lucían tus vuelos
de palo a palo...¡ ¡Ay, Dosi,
maravilla que no puedo
-y no pueden olvidar-
los que te conocieron.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES