Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 06 de febrero de 2026
Somos Galegos, Qué carallo!

Non quero ser paxaro de mal agoiro ou quen dea malas novas, pero... vai chover. Como na nosa terra, en Galicia, isto non é algo moi habitual, dígoo para que non vos collan desprevidos a poalleira, a mexadeira, a babuxa, a mocalleira, a chuvia, as trombas de auga, as arroiadas ou os temporais. Chover sabedes que, ás veces, chove sobre mollado. E sobre as nosas cabezas. Tampouco é frecuente, xa se sabe, o uso dos paraugas.
Calquera ser humano racional (que irracionais hai uns cantos) sabe perfectamente que o que non pasa en Pingas de Orballo Galicia non sucede en ningún outro lugar do mundo nin parte do estranxeiro. En Galicia poñémoslles nomes en galego ós nenos para facer de enxebres, para subir un chisco o ego e para darlle un empuxonciño á lingua, que está de capa caída e con risco de extinción. Despois, iso si, falámoslles sempre en castelán. Sempre. Onte mesmo atopeime cun caso destes.
Tamén é certo que outros lles poñémos os nomes na lingua que nos pariu para que, despois, sexan os propios descendentes os que nin sequera solten o famoso vocábulo carallo, que xa é dicir. Ata os mesmos castelán soltan algunha que outra vez un carallo ben expresado.
Galicia encabeza case sempre todas as estatísticas, todas as clasificacións que se fagan de calquera asunto, tema, materia, caso, negocio ou disciplina, pero en plan negativo, por suposto. Somos dos primeiros en España en carecer dunha conectividade dixital esencial. Somos dos primeiros en falta de servizos mínimos e primordiais. Somos dos primeiros en non recibir axudas do Estado. Case os primeiriños (creo que nos gana Extremadura) en ter as pensións máis baixas do país e tamén dunha boa parte do estranxeiro. Somos galegos, que carallo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES