Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As achas da democracia (3)

Rubal, Pedro - viernes, 06 de febrero de 2026
Seguindo as ideas vertidas nos apartados anteriores, para ser desexable un goberno democrático ten que ser xusto, porque só a xustiza é capaz de formar sociedade nun sentido moralmente relevante. Creo con toda modestia que debe esixirse en calquera argumentación democrática o seu fundamento moral, e o sistema de goberno debe estar emprazado no ámbito exclusivo da moral cando exerce as súas competencias como propoñente das iniciativas lexislativas, co necesario respecto aos principios xurídicos, que corresponde aplicar ao poder xudicial, e que todo poder debe respectar como orientadores no balizamento das rutas gobernamentais nos diferentes horizontes que estruturan unha sociedade democraticamente organizada.
Estas estelas da democracia afectan máis ou menos a súa cerna; pero a nova tecnoloxía parece que pode facilitar un instrumento perturbador, desbaratando o seus esperados e ben desexados servizos socio-políticos. Estou a referirme ao truco dos "chatbots" (do inglés "chat"= conversación familiar e "bot"=estro, inspiración ardente do poeta ou artista; creo eu); e, segundo nos di o escritor e periodista científico, D. Eduardo Martínez de la Fe, con este termo ven a designarse a un sistema virtual con IA (intelixencia artificial) deseñada para a interacción cos usuarios da linguaxe natural e simular conversacións similares ás dunha persoa. Se prevé que as consecuencias para a vida democrática son profundas, como nos di este periodista, pola falta de información da IA, que erosiona a confianza nas eleccións e alimenta o chamado "dividendo do mentireiro": Se todo pode ser falso, calquera pode descualificar as probas auténticas. E de levar ao convencemento da falsidade encárgase o "chatbots". Os ensaios practicados pola revista NATURE, en EE.UU., Canadá e Polonia permiten concluír que non estamos ante unha curiosidade tecnolóxica, senón ante un novo e perigoso instrumento de influenza masiva.
O progreso da técnica, con importantes matices diferenciais do da ciencia, pode eventualmente non ser desexado, posto que a técnica xustifícase polos seus efectos, non se xustifica por si mesma, como é o caso da ciencia. Hai un exemplo que soe repetirse insistentemente: A construción dunha bomba atómica de carácter destrutivo, aínda que se logre mellorar nos seus efectos, considérase negativa no valor ético, con fundamento en que a queixa é precisamente que esa bomba, en si mesma, por moito que a técnica a "mellore" na eficacia destrutiva, a súa invención ven a ser un progreso desafortunado para a Humanidade. No caso da ciencia e da mesma técnica estamos en presenza dunha serie de éxitos, historicamente constatados; pero este éxito da técnica, presente en todos os ámbitos da vida, é unha auténtica marcha triunfal se a valoramos en como foi facendo que o homo faber" superara ao mesmo "homo sapiens", converténdoo nun medio para aquel. Pero isto confírmanos ata que punto a mesma IA, na citada incisiva estela da democracia, pasa a ser un medio para que os poderes políticos, botando a man do "chatbot", e ata onde podan acadalo co poder despótico, acaben na ditadura, investidos de demócratas.
Non parece, pois, que certos avances científicos e técnicos eviten as "comedias" que o abuso do poder, político e económico, soe representar, aproveitando a excesiva permisividade democrática, e, por suposto, o empeño en confundir os avances na mellora na operatividade dunha eficaz xustiza distributiva no país coa privilexiada situación dos gonfaloneiros no estraño baile ideolóxico, no que xa non se permanece máis que co traxe da autenticidade democrática. Así a desexable globalización, infectada de todo isto, por agora, afógase impregnada co irritable zume bélico, emitido pola suprema cobiza da irracionalidade das mentes que, con estraño paradoxo, buscan o supremo honor asasinando as intelixencias, so pretexto de ben común.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES