Notas de prensa

xMaseda65 actúa no ciclo ‘Lubicán íntimo’ o 10 de febreiro

xMaseda65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo. A súa voz conecta coa vulnerabilidade sen artificios para tender pontes co que escoita a través dun estilo directo, cru e poético. 'Estudei Filoloxía galega porque creo no poder da lingua, nas historias que contan as palabras postas'. explica. 'Na miña música busco iso: ser fiel ao que sinto, sen adornos , sen máscaras', engade.

'Levo case seis anos movéndome pola escena urbana galega, facendo da palabra e do son o meu xeito de existir'. Con estar verbas se define o músico de Viveiro xMaseda65 que actúa no ciclo ‘Lubicán íntimo’ o martes, 10 de febreiro, ás 20.30 horas na Casa do Saber do Campus de Lugo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

xMaseda65 fala desde a emoción, cun ton honesto, íntimo e reflexivo. A súa voz conecta coa vulnerabilidade sen artificios para tender pontes co que escoita a través dun estilo directo, cru e poético. 'Estudei Filoloxía galega porque creo no poder da lingua, nas historias que contan as palabras postas'. explica. 'Na miña música busco iso: ser fiel ao que sinto, sen adornos , sen máscaras', engade.

Encontro co músico

Na mesma mañá do concerto, ás 12.30 horas, haberá un encontro con xMaseda65 na Casa do Saber, que require previa inscrición no enderezo electrónico [email protected]. Esta iniciativa da Primavera Cultural enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES