Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A alga que xongue a inmensidade

Otero Canto, Xosé - viernes, 06 de febrero de 2026
A auga, ese líquido marabilloso que define e enche a nosa existencia de limpeza e beleza chea de gotas que corren e escorren por amor na procura de máis auga coa que ela vive e convive en total harmonía, plena de desexos agradecidos e entronizada en amor constante e eterno, sempre penetrando o seu ser por millares de seres húmidos que coñecen e afirman o seu amor na "escorrentía", empregando á terra como canle da súa procura amorosiña.

A alga que xongue a inmensidade O amor da auga non se consegue na soidade e necesita, coma os galegos, volver a xunto dos seus, froito dunha saudade e señardade limpa e transparente, ten a mesma personalidade ca nós e cando chega ao seu obxectivo, que é a inmensidade, ponse a pintar azuis en competencia co ceo formando centos e centos de tons desde o celeste ata o índigo, cobalto, mariño, turquesa, eléctrico, cerúleo... e dentro deles, cada un coas súas variantes das que escollemos homes e mulleres para a pintura e a decoración.

E así dicimos ou falamos do azul mariño coma a cor máis elegante porque, o mesmo ca mar, mándanos unha substancia etérea e indivisíbel que nos dá tranquilidade e calma, facéndonos sentir máis sofisticados e cheos de carácter.

Mais a cor azul tamén chega a persuadirnos de confianza, de lealdade e estabilidade pola conexión dos átomos de auga que xuntos queren vivir en mares, lagoas e ríos por amor ás outras gotas de forma e tamaños distintos que se xonguen en amores eternos nesa inmensidade descoñecida na que ningunha delas é imprescindíbel.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES