Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (incendios-camiones.jpg) O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxía de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.

Opinión

OpinionOnde se acaba o mundo "Onde se acaba o mundo", díxolle unha amiga a outra cando esta lle preguntou onde andaba traballando. A frase veume como anel ó dedo; cadroume ó xeito. Porque a min quédanme exactamente dúas horas para marchar cara a onde se acaba o mundo. O que aínda non sei é se h...
Rivas Delgado, Antonio

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (cine-sala.jpg) As oito curtametraxes finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo volven percorrer Galicia como parte do Ciclo de Mestre Mateo Galicia Calidade en virtude da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual para contribuír á difusión da produción galega neste formato. Deste xeito, as oito pezas de ficción e animación que chegaron á última fase dos galardóns visitarán este ano 26 concellos galegos combinadas en dúas sesións de catro curtas segundo se trate de obras en imaxe real ou de animación. A iniciativa, que pasou xa polos municipios de Cea e Vilalba, continuará este mes coas vindeiras proxeccións en Meira (15 de xullo) e Ribadavia (28 de xullo) como parte da campaña de verán da 'Para gustos, cultura'.

Notas de Galicia

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira puxo este domingo o broche final a unha edición histórica que destacou pola calidade artística, a participación e a dimensión alcanzada por un evento que, durante cinco xornadas, converteu a vila no gran punto de encontro das culturas atlánticas. A edición de 2026 pasará á historia como a de maior concentración de actividades programadas por día desde a creación do Festival.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (20260710-xunta.jpeg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que Galicia será a Capital iberoamericana da gastronomía saudable entre este ano e 2027, o que servirá para potenciar a cociña galega como un dos piares da actividade turística, da proxección exterior e da identidade propia da comunidade autónoma. O titular do executivo autonómico asinou un convenio de colaboración neste sentido co presidente da Academia Iberoamericana de Gastronomía, Rafael Ansón. Durante o tempo que dure a capitalidade, organizaranse diversos tipos de actividades como campañas de difusión, elaboraranse materiais como recetarios ou revistas, así como tamén se celebrarán concursos e congresos.

Notas de Galicia

O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández é o gañador do Premio Porteiro Garea na súa novena edición. Reunido o pasado 9 de xullo, o xurado decidiu por unanimidade concederlle o premio a 'unha das figuras máis destacadas da lingüística galega contemporánea que xogou un papel esencial no coñecemento do estado da lingua galega e das súas variantes, e tamén no establecemento da súa forma culta actual'.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (jose_porto.jpg) En todo el valle del Miño, el mejor, Pepe Porto Espiño.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES