Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas desilusionadas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de julio de 2026
Vivimos nuns tempos con máis "adiantos" que nunca.
Se os adiantos encheran a nosa alma de valores, poderíamos se-los máis felices do mundo.
Pero a realidade dinos que:
-Hai máis persoas infelices que nunca.
-Hai máis persoas deprimidas que nunca.
-Hai máis violencia machista que nunca.
-Hai máis suicidios infantís que nunca.
-Hai máis soidade que nunca en persoas de tódolas idades.
-Hai máis enfermidades venéreas que nunca.
-Hai máis matrimonios (ou parellas) rotos que nunca.
-Hai máis queixas a tódolos niveis que nunca.
¿QUÉ ESTÁ PASANDO?
-VIVIMOS DE APARIENCIAS.
De portas para fóra todos parecemos felices.
A procesión vai por dentro.
O que nos ofrece o mundo non sacia a nosa alma.
Enchemos a vida de cousas, pero estamos baleiros por dentro.
A nosa alma non se farta con cousas.
A nosa vida espiritual ten máis anemia da que nos imaxinamos.
-OS PSICÓLOGOS E PSIQUIATRAS NON DAN FEITO
Moitas persoas non lle encontran sentido á vida.
Nin saben de onde veñen, nin a onde van.
Buscan onde non hai.
A alma non se cura con medicamentos.
A ausencia da fe nun ser superior, cáusanos angustia, incertidume, inseguridades...
-O MACHISMO REINA ÁS SÚAS ANCHAS
Hoxe en día é tan pouco o valor que se lle dá á vida:
Que cando algo nos estorba, eliminámolo.
É tan poco o valor que se lle dá á familia:
Que se con unha non funciona, probamos con outra e outra…
É tan pouco o valor que se lle dá a muller...
Que se utiliza como unha cousa.
É tan pouco o valor que se lle dá ós fillos:
Que deixalos orfos de nai non ten importancia.
Valorase tan pouco a nosa liberdade:
Que pasar varios anos entre reixas xa non importa.
¡Cómo están algunhas cabeciñas!
-A INFANCIA PAGA OS PRATOS ROTOS
Se os pais non responden:
As criaturas sofren.
Rebélanse conta as normas e contra os compañeiros.
Séntense desamparados.
Non se senten amados.
Non ven futuro.
Deciden acabar coa vida.
SOIDADE REINANTE
Vivimos rodeados de persoas; pero enganchámonos coa pantalla.
Os adultos non teñen tempo e os novos tampoco.
Todos van con présa
Non hai comunicación.
Os corazóns non desafogan.
Os problemas vólvense bólas de neve cada vez maiores
¡Soidade maldita!
SEXO LIBRE
Moralidade polo chan.
Amor inexistente.
Enfermidades venéreas á vista.
Consecuencias de todo tipo.
INSEGURIDADE, INCERTIDUME, PROTESTAS, CAOS
Necesitamos máis urxente que nunca recuperar os valores éticos, morias, relixiosos.
Recupera-lo sentido común.
Recupera-la nosa orixe.
Saber de onde vimos e a onde imos.
Recupera-la ilusión.
"OS MILAGRES EXISTEN"
Este será o título do seguinte artigo
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES