Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia e España precisan un gran Pacto de Estado contra os incendios forestais

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - miércoles, 29 de julio de 2026
Ata cando?
Cada verán arden os nosos montes, as nosas granxas, as nosas vivendas e, demasiadas veces, tamén se poñen en perigo vidas humanas.
Mentres o lume avanza, moitos responsables políticos continúan máis preocupados pola confrontación ca por chegar a acordos.

Galicia e España precisan un gran Pacto de Estado contra os incendios forestais.
A prevención, a xestión sostible do monte, o apoio ao medio rural, o reforzo dos servizos de extinción e a protección das persoas deben estar por riba de calquera interese partidario.

Negar ou minimizar a importancia do cambio climático, ignorar a evidencia científica ou utilizar esta traxedia como arma política non apaga nin un só incendio.
O lume combátese con prevención durante todo o ano, con investimento, con planificación e coa colaboración de todas as administracións.

A cidadanía ten dereito a esixir responsabilidade, diálogo e unidade.
Os montes non teñen ideoloxía. O lume tampouco.

Menos confrontación. Máis prevención. Máis ciencia. Máis protección para o noso rural. Un Pacto de Estado, xa.

CREGO de XESTOSO de MONFERO, CAMBÁS de Aranga, MOMÁN de Xermade e LABRADA de Guitiriz.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES