
Un plan que, segundo a reitora da UVigo, Carmen GarcÃa Mateo, “cada vez financia menos, porque o financiamento real diminúe ano a ano, e aÃnda que no plan hai contemplado un incremento dese financiamento real, a inflación aumenta en maior proporción”. Neste sentido, a reitora destaca que “se no ano 2020 o Plan era case o 84% dos ingresos reais, neste ano 2026 é o 76%”.
A reitora da UVigo considera que, “aÃnda que as universidades xestionamos ben o nosos ingresos e somos competitivas, debido ao envellecemento da plantilla e á inflación, claramente os fondos estruturais non son suficientes”, polo que o novo Plan de Financiamento “ ten que aumentar en cantidade e logo o reparto interno, a proporción dedicada a custos estruturais, tamén ten que ser maior”, explica GarcÃa Mateo.
Manter a estrutura do Plan vixente
A Xunta sinala que o documento para o perÃodo 2028/32 manterá a estrutura do plan vixente, incluÃndo as novidades incorporadas ao SUG nos últimos anos, como a matrÃcula gratuÃta ou a Fundación Galtia, asà como as esixencias económicas que supón para as comunidades autónomas o programa estatal MarÃa Goyri. O executivo autonómico sinala ademais, que actual folla de ruta, con vixencia no perÃodo 2022/26 e que se prorrogará ao ano 2027, supuxo unha achega de preto de 2542 M€, case 85M€ máis do previsto inicialmente e se se teñen en conta as achegas públicas á marxe do plan, e a falta de que as universidades presenten as contas auditadas de todo o perÃodo, a previsión é que se mobilicen máis de 3300 M€ no perÃodo, fronte aos 3177 M€ previstos en 2022.
Na xuntanza celebrada este martes en Santiago de Compostela, propúxose unha metodoloxÃa de traballo e “a ConsellerÃa amosouse aberta a recibir datos e opinións para mellorar a estrutura do Plan”, sinala Xosé H. Vázquez. Concretamente para realizar os cálculos, as universidades deberán remitir á Xunta nos vindeiros meses información sobre a planificación das xubilacións, as táboas de necesidades docentes, os seus plans de investigación, ou diferentes datos de contabilidade analÃtica (custo de cada centro, custo por crédito...).
Na reunión do grupo de traballo celebrada hoxe participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez; o director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico, Arturo López; a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo; e o subdirector de Financiamento Autonómico, Recursos e Análise orzamentaria, Javier de la Peña, como representantes da Xunta. Por parte da Universidade de Santiago de Compostela tomaron parte o xerente, Juan DÃaz Villoslada, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande; mentres que pola da Coruña tomaron parte o reitor, Ricardo Cao, e o vicerreitor de EconomÃa e Planificación Estratéxica, Ãngel Fernández.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.