Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha eclipse para tí (2)

Gregorio Montes, Antonio - miércoles, 29 de julio de 2026
Eclipse: o que é

Máis aló do seu significado a través da lingua e a súa interpretación na historia, como se produce e que é unha eclipse?

A Lúa xira arredor da Terra e ambas en conxunto arredor do Sol. No seu camiño, como ambos xiros non están Unha eclipse para tí (2) no mesmo plano, senón que se cruzan ambos planos, non sempre pero hai veces que están aliñados Sol, Terra e Lúa ou Sol, Lúa e Terra. Neses casos, temos as eclipses. Cando só se aproxima o aliñamento entre os tres astros, temos Lúa Chea ou Lúa Nova respectivamente.

Así pois, no caso límite de Lúa Nova, cando non vemos o Sol por quedar total ou parcialmente detrás da Lúa, é un eclipse de Sol. Se é a Lúa a que non se ve por quedar na sombra da Terra, teremos un eclipse de Lúa. É dicir, as eclipses de Lúa prodúcense xusto nas lúas cheas ideais, mentres as eclipses de Sol fano nas lúas novas.

O Sol e a Lúa están a unhas distancias da Terra duns 150 millóns de km e 380.000 km, pero por ser o Sol dun diámetro unhas 400 veces o da Lúa, mal chega a tapar esta, nas mellores circunstancias, o disco solar e producir a eclipse solar total, ou mesmo tapalo en parte e producir unha eclipse parcial. Así, en canto nos desviamos dun a outro punto da Terra, ou a outro momento no mesmo punto a eclipse cambia as súas características mesmo deixando de aparecer como tal (é dicir, non sendo visible).

Por iso as eclipses de Sol son avisadas para uns puntos da superficie terrestre e non para outros, e de ser totais, sempre teñen un máximo dunha duración como moito de Unha eclipse para tí (2) poucos minutos (ó que hai que engadirlle a duración do 'tapado' e 'destapado' do sol, dunha media hora cada un). Nas eclipses de Sol totais pódese ver a coroa solar (a parte máis externa da estrela) ó tempo que as estrelas que máis brilan.

En troques, a sombra que a Terra pode producir sobre a Lúa é abondo maior ca esta, cun diámetro unhas tres veces o da Lúa, podéndose ver como se oculta a Lúa dende todo o hemisferio no que é noite, e durando a totalidade mesmo varias horas dende o seu comezo ata o seu final (ó que hai que engadir o período no que se vai ocultando e reaparecendo).

Algo de comparación e xeometría para xulgar a grandeza da eclipse

Cos coñecementos de hoxe, podemos aplicar unhas poucas consideracións elementais para ter unha comprensión diríamos, 'matemática', da eclipse.

A Lúa, o Sol e a Terra son aproximadamente esféricos. Así, Sol e Lúa vense dende a Terra como círculos. Nas eclipses, o que sucede é que a sombra dun círculo tapa a outro.

O Sol ten un diámetro unhas cento dez veces o da Terra, e a Lúa algo máis dun cuarto do da Terra. Se a Lúa pode ocultar ó Sol é porque se move unhas 400 veces máis cerca de nós. É dicir, de xeito aproximado, as dimensións e a distancia están na mesma proporción. E se hai eclipses que logran ocultar o disco solar e outros que deixan visible a capa máis externa é porque as distancias de ambos astros á Terra varían: un 10 % no caso da Lúa, máis dun 1,5 % no caso do Sol, o que os fai aparecer máis grandes ou máis pequenos relativamente.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES