Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (emprego-autonomo.jpg) Galicia rexistra en xuño por terceiro mes consecutivo o nivel de desemprego máis baixo desde que hai rexistros (1996). Con 107.254 persoas paradas é a primeira vez que baixa dos 110.000 cunha redución tanto na evolución anual (-9,06%) como na mensual (-3,93%). Só neste último mes rexistráronse 4.387 persoas paradas menos e, tanto nos termos anual como mensual, a baixada foi a un ritmo superior ao reflectido na media do Estado. Ademais, acada o mellor nivel de afiliacións á Seguridade Social ao superar por primeira vez a barreira dos 1.100.000 cotizantes. En concreto, conta con 1.102.651 afiliados (+7.844 respecto a maio).

Opinión

OpinionCon moitas ideas para responder a esta pregunta, persoalmente, como grupo e como sociedade, marchabámonos o vinte de xuño os que participamos na segunda Xornada-Convivencia de Pastoral Penitenciaria da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Coa presenza do noso Bispo Fernando e como sempre ben acollidos pola parroquia de San ...
Garrido, Juan Antonio

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A cuarta edición do Festivalle dará comezo coa representación de Los cuernos de Don Friolera a cargo da Teatro del Canal. Durante os días seguintes, a programación desenvolverase por diferentes espazos de Vilanova de Arousa, onde se poderá gozar de La Rosa de Papel, de Teatro Tribueñe, compañía que tamén escenificará El embrujado. O peche do festival será para conmemorar o centenario este ano da estrea de La cabeza del Bautista coa proxección dun documental audiovisual inédito. Os vencellos persoais e profesionais entre os autores de Luces de Bohemia e Sempre en Galiza estarán presentes no Curso de Verán, que este certame celebra paralelamente ás representacións teatrais.

Notas de Galicia

Con 198 inscritos e inscritas, procedentes de máis de 40 universidades e institucións dunha decena de países, este mércores dá inicio o XVIII Symposium Internacional sobre o Prácticum e as prácticas académicas, un congreso bienal centrado nas estadías formativas que o alumnado universitario realiza en diversas entidades, e promovido por unha rede de centros da que forma parte a UVigo.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (neno-escola-mochila.jpg) Trátase dunha nova medida de apoio ás familias no eido educativo, promovida pola Xunta de Galicia, para a desgravación fiscal pola adquisición de libros de texto e material escolar, a realizar no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do ano 2026, correspondente ao exercicio de 2025. Para iso, desde o día 1 de xullo ata o 31 de decembro deste ano as familias deberán gardar as facturas de compra para poder facer efectiva a desgravación na vindeira declaración da renda de 2026. En concreto, poderán desgravar ata 105 euros por fillo ou filla matriculados en educación Primaria e Secundaria.

Notas de Galicia

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC entregou os Premios Ícarus 2025, nos que resultaron distinguidos 20 traballos das cinco áreas de coñecemento e diferenciados nas categorías de teses de doutoramento e traballos de fin de grao e máster. O acto, desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educación, estivo presidido polo delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (alfonso_ceide.jpg) Impagados y morosos,
muchas cuentas a la vista,
muchas más cuentas de ahorro
en su vida Alfonso abrió
porque era empleado probo.
Por el Banco de Bilbao
se rompió Fonso los codos
de tanto cuadrar balances
y de decir “SI” a todo.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES