O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan para o impulso da atención á diversidade de Galicia que se comezará a aplicar xa desde o vindeiro curso 2026-27 e contará 'cun importe de 118 millóns de euros ata 2030'. Unha folla de ruta que incluirá o reforzo do número de profesionais e novos recursos, así como melloras na organización e no traballo de xestión en prol dunha maior axilidade e eficiencia. A través deste plan da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, dáse un novo paso na calidade da educación inclusiva e personalizada do sistema educativo galego, un ámbito no que a nosa Comunidade ocupa o liderado estatal.
Reparar e preparar diferéncianse nunha soa letra, pero o seu significado é ben diferente. Preparar é máis complexo, trátase de crear, estar preparado... e ten máis letras. Por la contra, a reparar fáltalle o p: é coma se estivera incompleto. Trátase de procurar que algo que non funciona, que non está ben, volva a es...
Víctor Ruppen (A Coruña, 1940-2018) é unha figura clave para entender unha etapa decisiva na procura dun cinema galego con continuidade, ambición profesional e vontade de diálogo co público. Arquitecto técnico de formación, produciu en total sete películas e foi socio das cadeas de exhibición Valle-Inclán, en Santiago de Compostela, Alphaville, en Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram. Tras apoiar proxectos en súper 8, Víctor Ruppen impulsou a partir de 1975 o salto cara a formatos profesionais, con traballos en 16 mm e 35 mm que lles facilitaron aos cineastas da época novas condicións de produción e circulación.
Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.). Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.
¡Quién te ha visto y quién te ve!