Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 01 de julio de 2026
O que levaba dentro

Estaba sentado na fonte cando, nun amén, vin a un paisano correndo polo lugar abaixo. Ninguén sabía quen era aquel home. Ninguén sabía de onde procedía e, naquel momento, ninguén sabía por que corría nin cara a onde ía.
O paisano apareceu un día de inverno na estación do ferrocarril de Baños de Molgas. Aí xa comezara o receo, a desconfianza: había uns cantos anos que non pasaban trens e, moito menos, que paraban nesa estación.
Pingas de Orballo Ninguén se atreveu a preguntarlle nada. A súa expresión non semellaba precisamente a dun home disposto a facer amizades, é dicir, que non era para facerse íntimo del. A súa equipaxe consistía nunha funda grande. Si, como esas das películas que albergan enormes rifles con mira telescópica. O primeiro pensamento de calquera que o vise era precisamente ese: un gánster, un matón, un mercenario, un cazarrecompensas, un asasino. O de asasino era, por suposto, pola expresión.
Como sempre fun curioso de nacemento -ou mellor dito, porque sempre quixen ser un pouco sabichón-, optei por seguilo a certa distancia, pero correndo, claro, porque el seguía correndo polo lugar abaixo. Non tardei en ver como se espía por completo e se mergullaba no lavadoiro da burga.
Como sempre fun atrevido -ou, máis ben, curioso e sabichón-, achegueime á funda para abrila e descubrir o que levaba dentro. El mirou para min. El berroume. Mirámonos os dous. Eu abrín a boca ó ver o que gardaba. El saíu furioso do lavadoiro. Eu fuxín a fume de carozo e cos latexos golpeándome, mancándome no peito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES