Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auditorio 'Álvaro Lamas'

Rubia, Xoan - miércoles, 01 de julio de 2026
Pois que queren que lles diga; a min paréceme moi ben que o auditorio da cidade leve o nome de Álvaro Lamas malia que, como ocorre con case todo, haxa algunha opinión que vaia en dirección contraria. Paréceme ben que o foro que dá acubillo á música, sexa esta do estilo que sexa, leve o nome dun músico que enmarcou toda a súa actividade dentro duns parámetros de entrega e discreción dignos de todo encomio. Auditorio 'Álvaro Lamas' Álvaro Lamas non foi un personaxe mediático pero sempre estivo aí como referente do traballo ben feito dentro da parcela musical que abordase. Acompañoume naqueles tempos de "Azucar" e máis tarde en varias actuacións en directo e mesmo en sesións no estudo de gravación como experto guitarrista que era. Eu sabíao importante que supuña a complicidade de músicos solventes coma el. Como bo profesional adaptábase perfectamente e facíao cun espírito de colaboración digno de gabanza. Álvaro independentemente da súa mestría coa "steel guitar" da que foi pioneiro e divulgador neste país, tiña á guitarra (nas súas variadas versións) como seu apéndice natural, coma unha extensión corpórea, tanto que non se entendía a un sen a outra. El, as súas guitarras e a "Steel" compuñan un plural e perfecto maridaxe.

Por iso aplaudo a proposta de poñer o seu nome ao Auditorio da nosa cidade malia as diferentes candidaturas que a algúns se lles poderían ocorrer. Álvaro Lamas foi un proletario no mundo da música case sempre traballando para os demais, un xornaleiro de luxo, iso si, que dignificou o labor daqueles que nalgún intre apelamos á súa mestría, sempre cunha actitude positiva e con aquel sorriso que caracterizaba a súa personalidade.

Os seus achegados e amigos lembrarémolo sempre ao marxe dos recoñecementos "post mortem". Ficará na memoria de todos como o que foi: un gran músico pero sobre todo un moi bo tipo. Iso sabémolo moitos dos que o tratamos, pero ao resto da cidadanía cando pregunten por qué lle chaman "Álvaro Lamas" ao Auditorio dirémoslles: porque foi un músico ferrolán que ao seu talento engadíase a súa grande bonhomía. E non se precisan máis explicacións.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES