¿Que recibimos?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de julio de 2026
Nunha palabra poderíamos decir que recibimos todo.
De feito nós non podemos crear nada, se antes non se nos dá.
Ese todo é tanto, TANTO, que merece unhas liñas de reflexión.
RECIBIMOS:
-A VIDA EN PRIMEIRO LUGAR que é o regalo máis grande da nosa existencia.
A vida recibímola do mesmo Deus que é o único capaz de creala.
Os nosos proxenitores son colaboradore directos nesa obra a través da súa entrega amorosa.
-RECIBIMOS OS COIDADOS dos nosos proxenitores, da nosa familia, dos nosos coidadores, dos nosos veciños, do personal sanitario e de moitas persoas anónimas; postos aí pola mesma Providencia.
-RECIBIMOS UN CORPO FÍSICO sabiamente diseñado que fai tódalas funcións necesarias para o noso desenvolvemento.
-RECIBIMOS UNHAS FACULTADES MENTAIS para adquirir coñecementos a través da familia, do profesorado, do clero, dos científicos, das autoridades e de toda a humanidade.
-RECIBIMOS UNHA ALMA con sensibilidade para coñecer mediante a gracia de Deus, a través da fe, a misión á que estamos chamados.
-RECIBIMOS CONSELLOS E CARIÑO dos proxenitores, do profesorado, do personal sanitario, do clero, de moitísimas persoas de ben que circulan ó noso carón.
-RECIBIMOS A LUZ DO SOL que tamén nos dá: calor e vida.
E tamén a da lúa para iluminar os soños...
-RECIBIMOS A NAI NATUREZA que é a nosa casa común na que desenrolamos tódalas nosas funcións vitais.
-RECIBIMOS A AMIZADE de moitas das persoas con gran corazón, que Deus nos pon no camiño da vida.
-RECIBIMOS COMPAÑEIRISMO das persoas que comparten con nós boa parte da súa vida nos lugares de traballo.
-RECIBIMOS ÁNIMOS a través de tantas e tantas persoas que nos alentan con dozura e calided humanas.
-RECIBIMOS O OSÍXENO que respiramos para renovar constantemente o noso organismo.
-RECIBIMO O CALOR HUMANO que nos acolle, que nos namora, que nos fai sentir acompañados e felices.
-RECIBIMOS TANTO, TANTO, TANTO
que non chegarían os libros de tódalas bibliotecas do mundo para explicalo e para agradecelo.
E AÍNDA NOS QUEIXAMOS.
-UNHA PARTE DA INFANCIA QUÉIXASE porque non é consciente dos esforzos que fan os adultos para que non lle falte de nada.
-MOITOS ADOLESCENTES QUÉIXANSE porque se mostran insatisfeitos co que lle dá a vida, porque o seu organismo está dando moitos cambios.
Non saben moi ben o que queren.
-ALGÚNS XOVES QUÉIXANSE porque observan incertidume e desconfianza cara o futuro.
Aínda non aprenderon que se se quere cambiar o mundo, temos que empezar por cambiar cada un de nós para que o cambio se produza.
-MOITOS ADULTOS QUÉIXANSE porque no acadaron os soños da xuventude.
Non se dan conta das limitacións que todos temos.
-E MOITOS CHEGAN Á RECTA FINAL QUEIXÁNDOSE porque lles parece que merecen moito máis do que reciben.
¿DÓNDE ESTÁ A FELICIDADE?
A felicidade está no camiño que temos que percorrer coa confianza posta na vida de cada día.
Nese camiño, que todos temos que percorrer, cómpre que fagamos felices ás persoas que nos rodean para sentírmonos satisfeitos e felices con nós mesmos.
Somos dalgún xeito: repartidores de felicidade.
"REPARTIDORES DE FELICIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora