//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
A expansión do cancro de mama conta na súa evolución coa colaboración dos macrófagos, unhas células do sistema inmunitario cuxa función cambia en presencia da proteína POU1F1. Investigadores CiMUS, do Departamento de Xenética no campus lugués e do Hospital de Jove en Gijón acaban de achegar novos datos sobre este relación nun traballo publicado na revista The Journal of Pathology, publicación especializada en cancro. No traballo POU1F1 transcription factor promotes breast cancer metastasis via recruitment and polarization of macrophages, o equipo describe que a presenza da proteína POU1F1 en células tumorais de mama atrae cara o tumor a macrófagos.
A multinacional Boeing e a Xunta de Galicia porán en marcha este outono un aula móbil, que terá en Lugo a súa primeira ubicación, para estimular as vocacións científico-tecnolóxicas, formando en matemáticas e aeronáutica a través da experimentación práctica, entre alumnos de primaria e secundaria. Esta Aula Newton constitúe unha das diferentes actuacións previstas dentro do futuro programa de vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAVs Initiative, que a Xunta de Galicia levará a cabo en colaboración cos socios estratéxicos Indra, Babcock e Boeing para estimular as carreiras STEM entre os máis novos.
O vindeiro mes de setembro Santiago converterase na capital do 5G, cunha xornada na que se darán a coñecer os 18 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Observatorio Nacional de 5G, afondará nas vantaxes que esta tecnoloxía para cuxo despregamento a Unión Europea esixe aos Estados membros realizar, previamente, casos de uso. A celebración da xornada foi un dos temas que se abordaron na última comisión de seguimento do Nodo 5G, ao que están adheridos Vodafone, Telefónica, Orange e a Universidade de Vigo.
O Parlamento de Galicia deu o visto e prace á Lei da Administración Dixital de Galicia, o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar e seu uso e acceso a toda a cidadanía. Complétase así o trámite parlamentario, tras o período de exposición pública e tras ser aprobada na mesa de persoal da Xunta co voto unánime de todas as organizacións sindicais. A lei adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015 e aséntase en tres principios; só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en poder da Administración; a proactividade, empregar a información que a Administración ten o cidadán para prestar servizos personalizados e adiantarse ás súas necesidades; e a automatización dos procesos para conseguir unha xestión máis eficiente.
Xa está aberto o prazo de solicitude da segunda edición de 2019 do programa Fábrica Intelixente, que ten como obxectivo apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia, en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 e a Axenda Galicia Industria 4.0. Os destinatarios destas axudas son empresas capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico ou agrupacións de empresas e organismos de investigación, ambos con centro de traballo en Galicia. O tipo de proxectos financiables son proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación.
O obxectivo deste Foro é contribuír ao proceso de definición da Estratexia de Desenvolvemento Sustentable española a través de la organización dun espazo de diálogo e reflexión que promova a análise intersectorial e no que se definan propostas concretas en torno a unha visión conxunta do desenvolvemento sustentable e o modelo de país que queremos ser para o 2030. Está organizado pola Alianza ODS UNICEF-Comité Español, OXFAM Intermón e Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e a Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS), en colaboración co Alto Comisionado para Axenda 2030 da Presidencia do Goberno Español.
Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital. Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030.
O Catálogo de perfís profesionais de futuro enmárcase no proxecto Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias. O Catálogo é o resultado da primeira fase desta iniciativa, que se completará cunha análise exhaustiva do mapa actual de titulacións do Sistema Universitario Galego e o seu cotexo co Catálogo, unha análise internacional de universidades e titulacións de interese, a definición preliminar de novas titulacións e especialidades, así como con novas actividades participativas e de contraste con expertos do ámbito empresarial e académico que contribuirán a afinar a proposta definitiva de novas titulacións e especialidades universitarias no horizonte temporal 2030.
Profesionais do sector primario, forestal, turístico e tecnolóxico, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan en Ourense as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía á xestión territorial intelixente. Nesta primeira xornada o debate xira en torno á conectividade de altas capacidades, ao incremento da competitividade do sector primario, o reto demográfico, os novos modelos de transporte e a eficiencia enérxica. Estes Foros de Debate, organizados pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou que a aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.
O glioblastoma é un tumor que se orixina no cerebro, de rápido crecemento e agresividade, que afecta sobre todo as persoas maiores. É o máis común dos tumores cerebrais e, na actualidade, non ten cura. Agora, un equipo de investigación do CiMUS dirixido por María José Alonso e Pablo Aguiar, avanza no diagnóstico temperán e o tratamento desta enfermidade grazas á nanotecnoloxía no marco da plataforma de micro-mecenado da USC Sumo Valor.
Reforzar a cooperación europea en materia de protección civil e prevención de catástrofes promovendo a posta en marcha dun sistema de gobernanza baseado en probas científicas. Este é o obxectivo do proxecto europeo Comumunity of Valued Experts in Hydrometeorological and Technological Multi-Hazards, nado baixo o paraugas da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, adscrita á Facultade de Ciencias do Traballo da UDC, e liderado pola profesora Sonia Zaragoza.
O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, coñecido polo acrónimo de CACTI, celebra este 2024 o seu 30 aniversario e faino convertido nun centro de referencia, 'dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna xeográfica', no que se ofrecen os 'servizos máis punteiros da investigación científica', tal e como explica a actual directora, a profesora Sandra Bolaño.
Aínda que a pandemia orixinada polo SARS-CoV-2 ficou atrás, o seu eco persiste e aínda son moitas as incógnitas que a ciencia tenta despexar. Hoxe en día sábese que para moitos pacientes de COVID-19, o final da etapa aguda da infección é só o comezo doutra experiencia difícil: a post-COVID. Durante a denominada COVID persistente estas persoas desenvolven unha amálgama de síntomas prolongados que poden incluír dificultade respiratoria, fatiga, tose ou perda de olfacto.
Ao redor de cen persoas participaron este mércores no terceiro taller de HumanIA da Universidade da Coruña, ciclo formativo organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades e Documentación, en colaboración co CITIC da UDC. A experta en tecnomarketing, innovación e branding, Ruth Falquina, impartiu o taller que levou por título Intelixencia artificial e Creatividade: como potenciar o teu talento, no que compartiu cos asistentes a súa experiencia á fronte dunha axencia especializada en creatividade aumentada, Estado Latente.
As citoquinas son unhas proteínas que desenvolven un papel fundamental no noso organismo, pois facilitan a comunicación entre as células do sistema inmunolóxico, garantindo o seu correcto funcionamento e que a resposta inmunitaria sexa a desexada. Un desequilibrio na súa produción podería ser a causa dun desaxuste do sistema inmune, afectando incluso ao desenvolvemento de enfermidades autoinmunes, aquelas nas que o propio sistema inmunolóxico ataca ás células e aos tecidos do corpo.
O HackForGood, un dos hackatons máis populares de España, regresa esta semana de xeito simultáneo a 25 de universidades de 16 cidades de todo o Estado na que será a súa novena edición. Organizado pola Rede de Cátedras Telefónica, este evento reta a estudantes universitarios a traballar en equipos na procura de solucións innovadoras a retos sociais relacionados coas necesidades das persoas e facendo fincapé nos Obxectivos de Desenvolvendo Sostible, ODS.
AtlanTTic, da UVigo, é un dos 13 socios que participan no proxecto europeo Retina, un traballo dirixido a desenvolver dous sensores baseados en tecnoloxías fotónicas para mellorar diferentes procesos no ámbito da saúde, a automoción e a agricultura, dende a identificación de células tumorais e monitorización da perfusión sanguínea en cirurxías, na área da saúde, ata sistemas avanzados de detección de colisións de vehículos ADAS en automoción.
Persoal investigador da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC desenvolve novos materiais sostibles e biodegradables para uso alimentario a base de quitosano que se antollan como alternativas respectuosas co medio ambiente aos actuais separadores dos liscos de queixo ou dos envoltorios plásticos das porcións de manteiga.