
Desde este laboratorio apóstase aposta polo traballo colaborativo e xeración de alianzas estratéxicas, co fin de crear espazos de intercambio para o impulso á innovación inclusiva e desenvolvemento de coñecemento en novas tecnoloxías.
No taller, que tivo lugar no CITIC, participaron seis membros de distintas áreas da ONCE e quince investigadores do CITIC que, a través de catro mesas de traballo, conectaron as necesidades de innovación da organización coas tecnoloxías desenvolvidas no centro. O taller, realizado a través de metodoloxías de innovación centrada nas persoas, celebrouse co propósito de atopar solucións aos casos de uso presentados desde a ONCE, froito da análise coas distintas áreas de negocio implicadas.
Partiuse de catro perfiles de persoa que representaban casos de uso aplicables a áreas da ONCE, como a loxística, comercial, experiencia de usuario no ámbito sanitario ou a navegación informada.
Os membros do CITIC que participaron na experiencia contan con perfís especializados en robótica industrial, sensorización e automatización, modelización de procesos e aplicación da IA en plantas de loxística e distribución. Outras das liñas de traballo expostas foron as tecnoloxías de proximidade, o desenvolvemento de apps ou a atención á diversidade, así como a xeolocalización exterior, a visión artificial e as cámaras de profundidade e a aplicación da Intelixencia Artificial en análise de tempo real de obstáculos. Así mesmo, tamén se falou sobre a analítica de vendas, a representación da información xeolocalizada, a análise de perfís de poboación e a adquisición de fontes reais.
O centro de investigación da UDC é un referente no desenvolvemento de proxectos de IA e a aplicación das TIC en proxectos e iniciativas destinadas a favorecer a inclusión social, promovendo o seu uso para mellorar a calidade da vida das persoas con discapacidade, como no caso do programa Talentos Inclusivos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.