//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación. Dentro do proxecto Piloto 5G estarán 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a exploración e diagnóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas nas que xa están a traballar os principais operadores adheridos ao Nodo 5G. Despois de que en xuño, Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades en contar con redes 5G de España, Galicia é hoxe, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades que acollerán o desenvolvemento dos primeiros pilotos 5G.
O WOS Festival afondará na música electrónica xerada por intelixencia artificial nunha nova edición que se celebrará o vindeiro xoves, día 12, no Gaiás e baixo o paraugas nominal de WOS Talk x Fest Galicia 2019. Trátase do festival de música máis vangardista de Galicia, que ofrecerá diversas charlas -con entrada libre ata completar capacidade- que suporán poder coñecer in situ no Gaiás o proceso de creación de Renick Bell. Este programador e músico asentado en Toquio leva máis dunha década de investigación na que música electrónica e intelixencia artificial conversan entre si. Renick Bell amosaranos as entrañas do seu set up, dará unha introdución ao seu modo de pensamento e presentará as ferramentas fundamentais para familiarizarse con estas festas asistidas por IA.
A actividade, que ten como obxectivo a mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM, dividirase en dúas quendas. A primeira delas, dirixida a alumnado de 3º de ESO, desenvolverase entre o 25 e o 31 de agosto. A segunda, para o de 4º de ESO, será entre o 1 e o 7 de setembro. En ambos os casos a STEMweek realizarase nas instalacións do Centro Residencial docente da Coruña. Durante toda a estadía o alumnado estará supervisado por monitores e monitoras. Ao longo da STEMweek as alumnas e alumnos desenvolverán actividades coa finalidade de desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese do alumnado pola ciencia e polas súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
El primer SUV coupé compacto de Audi combina un diseño expresivo con unas excelentes cualidades dinámicas y una gran versatilidad
El próximo otoño pasará a la historia como el punto de partida de la nueva generación de vehículos electrificados de la marca. Uno de sus abanderados será el Nuevo Peugeot 508 SW Hybrid
O programa Profesionais 4.0 promoverá a especialización e o acceso ao mundo laboral de mozos e mozas menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP). Incentivarase asi a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0. Profesionais 4.0 súmase a distintas iniciativas impulsadas pola Administración autonómica para favorecer a retención de talento na Comunidade e o desenvolvemento da carreira profesional da xente moza, ao tempo que se estimula a súa incorporación ao tecido empresarial, mellorando así a súa competitividade.
A Xunta e o Concello de Santiago abrirán unha consulta ao mercado, despois de verán, para que os operadores presenten proxectos de despregamento de fibra óptica no casco histórico de Compostela, en base ao Catálogo de Solucións Técnicas aprobado recentemente polo Goberno galego. Os operadores formularán os posibles plans de despregamento baseándose nas alternativas que ofrece o Catálogo de solucións para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia, elaborado pola Amtega, o operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. O documento foi presentado durante a xornada e é o punto de partida para darlle resposta á falta dun procedemento estandarizado para levar a fibra óptica aos cascos históricos.
Vinte de cada cen alumnos/as galegos de 6º curso de Primaria contan cunha competencia dixital baixa, segundo os resultados da investigación realizada polo grupo Stellae da USC sobre Competencia dixital en estudantes de educación obrigatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de inclusión, realizado coa subvención do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. O obxectivo do traballo foi identificar, avaliar e comprender a competencia dixital ao rematar a etapa do ensino primario, así como comprender a influencia desta aprendizaxe nos procesos de inclusión social, explican as investigadoras Adriana Gewerc Barujel e Esther Martínez Piñeiro. En total recolleuse o testemuño de 764 rapaces e rapazas, dos 312 procedían da provincia da Coruña, 264 da de Pontevedra, 141 de Lugo e 47 de Ourense.
A Xunta de Galicia destinará 350 millóns de euros ata 2022 ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 para, deste xeito, anticiparse aos cambios do novo modelo; aumentar o tamaño das empresas; favorecer a aposta polo talento dixital; e contribuír á reinvención do tecido industrial e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. O desenvolvemento da Axenda permitirá facilitar a creación de 13.500 empregos industrias e a mobilización de 900 M nos próximos catro anos. Este ano e o que vén se desenvolverán 4 medidas clave que afondarán na transformación do tecido produtivo cara á Industria 4.0.
Celebrouse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o Demo Day, a xornada que pecha a primeira edición do programa de startups R DiCo Challenge. Durante algo máis dun hora, da man de mentores e voceiros dos equipos dos proxectos, o auditorio coñeceu o detalle das ideas desenvolvidos no programa startups R DiCo Challenge: xogos para a mente, teatro en realidade virtual, trámites áxiles e intelixencia televisiva. Un total de 42 propostas (startups e emprendedores, pequenas e medianas empresas e algún centro tecnolóxico e universitario) responderon aos cinco retos tecnolóxicos lanzados o pasado mes de decembro nos inicios da primeira edición de startups R DiCo Challenge, que se pecha arestora tras seis meses de traballo intenso.
Do 6 ao 10 de maio o campus de Ourense acolle a celebración do 12 Taller internacional sobre cambios e tendencias a longo prazo na atmosfera (Trends 2024). Nel participan de xeito presencial ou virtual 77 especialista de 21 países e procedentes de 51 institucións, entre elas a Nasa, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o National Center for Atmospheric Research dos EEUU e as academia de Ciencias de países como China, India e Chequia, ademais de España.
Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites de comunicacións de alta capacidade. A súa proposta baséase nunha configuración que permite ter a mesma cobertura coa metade das antenas, o que repercute nunha redución de custes.
A invención consiste nun sistema que estima as orientacións vertebrais utilizando un modelo multicorpo da columna vertebral e un número reducido de sensores de orientación 3D: ao colocar cinco sensores en cinco vértebras identificadas, estímase a postura da columna ao completo e en tempo real. Isto resulta posible grazas á medición da orientación que ofrecen os sensores e ao algoritmo de estimación desenvolvido polo equipo de biomecánica do LIM.
A spin-off da UDC PhotoIlike vén de facerse co premio Solvia PropTECH á mellor tecnoloxía para a comercialización de activos, logo de impoñerse ás máis de 50 candidaturas participantes nesta segunda edición dos premios. Así mesmo, outorgáronse doutros dous premios noutras dúas categorías.
Un salto abismal. Así se refiren as alumnas e alumnos de UVigo SpaceLab á súa nova estación terrea, unhas instalacións situadas no edificio Filomena Dato que se converterán no 'corazón do procesamento da sinal e futuro centro de control para a misión espacial BIXO', algo no que levaban máis dun ano traballando para a súa posta a punto e que agora se converte en 'pedra angular' para o éxito da misión.
A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta arranca o vindeiro xoves 4 de abril desmontando mitos sobre o uso das tecnoloxías nas aulas e por parte dos máis novos. O investigador e director da International Science Teaching Foundation, Héctor Ruiz Martín, será o responsable de afondar nestas cuestións na conferencia Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?.