
Cun financiamento de máis de 2,7 millóns de euros, procedentes do Consello Europeo de Innovación, o proxecto Perseus (2D Material-Based Multiple Oncotherapy Against Metastatic Disease Using a Radically New Computed Tomography Approach), concentra o traballo dunha trintena de investigadoras e investigadores de media ducia de institucións, co obxectivo de desenvolver unha nova terapia fronte a tumores metastásicos, baseada en nanomateriais activados por raios X.
A docente e investigadora Carmen Rodríguez Argüelles é xunto, á tamén investigadora posdoutoral Margarita Salas, Noelia González Ballesteros, a representante da Universidade de Vigo no proxecto Perseus, que non conta coa presenza de máis institucións españolas. Participamos en dúas tarefas do proxecto que se poden resumir como deseño e síntese de novos nanomateriais mediante química verde, a súa caracterización e a súa aplicación como nanosistemas antitumorais, detalla a docente de investigadora do Departamento de Química Inorgánica da UVigo. Rodríguez Argüelles colabora desde hai 30 anos con grupos de investigación de Italia, país que lidera o proxecto Perseus a través do Consiglio Nazionale delle Ricerche, e no que tamén participa, ademais da Universidade de Vigo, un consorcio multidisciplinar formado polo Karolinska Institutet (Suecia), Technion Israel Institute of Technology (Israel), Wigner Fizikai Kutatóközpont (Hungría) e as empresas Bedimensional SPA (Italia) e QED Film & Stage Productions LTD (Reino Unido).
Un proxecto innovador e interdisciplinar
Dado que na actualidade, o uso práctico da nanotecnoloxía na atención clínica do cancro está nunha fase moi incipiente, Perseus persegue, segundo as e os investigadores que participan no proxecto, darlle pulo a través dunha nova terapia baseada en nanosistemas especialmente deseñados, feitos de nanocristais en capas 2D multifuncionais, que cando son activados con raios X proporcionan unha terapia multimodal eficaz, con mínimos ou nulos efectos adversos. A terapia, que non se ve afectada pola bioquímica do corpo, emprega raios X de escáneres de tomografía computerizada, non para matar as células cancerosas directamente, senón para activar e xerar imaxes dos nanosistemas, que a súa vez dan lugar localmente a mecanismos oncolíticos non mutaxénicos.
Carmen Rodríguez destaca que o das terapias para o cancro baseadas en nanotecnoloxía é un campo en continuo crecemento, xurdido para mellorar as técnicas existentes. Neste proxecto centrarémonos en cancros que son clinicamente inmanexables coas terapias dispoñibles actualmente; en cancros resistentes aos fármacos intrínsecos e evasivos que carecen de respostas ás terapias e en metástases, detalla a investigadora da UVigo, que considera que co remate exitoso do proxecto, a nosa tecnoloxía encherá o baleiro entre os estudos preclínicos e a práctica clínica coa nanomedicina. Así mesmo, Perseus pretende probar posibles tratamentos aditivos ou efectos sinérxicos con outras terapias, incluídas a inmunoterapia e as terapias moleculares dirixidas, a base a medicina personalizada.
Profesionais dos campos da física, a química, enxeñaría química, bioloxía, medicina, farmacoloxía e radioloxía conforman o equipo multidisciplinar que traballa no proxecto Perseus, que con catro anos de duración, inclúe aplicacións nos campos da oncoterapia, a teranóstica e o uso e desenvolvemento de sistemas terapéuticos baseados en irradiación de raios X de baixa enerxía.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.